Escoitar

A Xerencia de Urbanismo ofrecerá información sobre o PXOM no Salón Inmobiliario do Atlántico

Os visitantes do Salón Inmobiliario do Atlántico poderán coñecer de cerca o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal e accións estratéxicas do mesmo a través dos paneis informativos que se expondrán no stand do Concello de Vigo.

martes, 18 nov 2003
1069170701saloninmo.jpg
Rolda de prensa de presentación do Salón Inmobiliario.
A Xerencia de Urbanismo porá tamén a disposición do público que se achegue ao recinto ferial entre o 21 e o 23 de novembro información sobre proxectos en marcha, como o traslado e rehabilitación da antigua vivenda Vieira, o centro socio cultural de Valladares ou o Centro Cívico de Teis.
Nos paneis informativos figurarán, a súa vez, actuacións que leva a cabo a Oficiña de Planeamento como a do Cuartel de Barreiro ou Finca Solita. Outra das propostas do Concello de Vigo será a proxección de vídeos que mostrarán actuacións realizadas pola Oficiña de Rehabilitación do Casco Vello, segundo o convenio asinado coa Xunta de Galicia. Os contidos dos vídeos incluirán imaxes sobre os últimos premios de arquitectura Irmáns Gómez Román que entrega a Xerencia de Urbanismo.

Ao longo da rolda de prensa de presentación do Salón, a directora do evento, Raquel Robledo, destacou a presentación da vivenda intelixente, na que participan máis de trinta empresas. A “Casa do Futuro, Hoxe” reúne en 200 metros cuadrados as principais características e tendencias da domótica en cuanto á aplicación de novas tecnoloxías no fogar. O Salón conta este ano con máis de cen expositores e os organizadores contan con superar o nivel de asistencia de anteriores convocatorias.

Pola súa banda, o director do Ifevi, Rubén López, explicou que este evento é o broche de ouro dun ano no que o recinto feiral acolleu 24 eventos, e o número de visitantes aumentou nun 150 por cento.
Descargar todas as imaxes