Patrimonio Histórico pecha preventivamente o acceso ao xacemento arqueolóxico do Castro de Vigo
O Servicio municipal de Patrimonio Histórico iniciará mañá o peche preventivo mediante valado metálico provisional do perímetro do xacemento arqueolóxico castrexo situado na Avda. Xosé Mª Álvarez Blázquez na ladeira oeste do parque do Castro de Vigo.
Esta actuación ten por obxecto protexer ó xacemento do forte deterioro que se está a producir no xacemento como consecuencia da ocupación sistemática e non adecuada por parte de persoas que –especialmente nas fins de semana- utilizan este recinto histórico como zona de ocio. Este uso non adecuado produce un impacto importante nas estructuras do poboado castrexo que presentan desperfectos que será necesario restaurar.
O valado ten carácter preventivo en tanto non se executa un proxecto de rehabilitación e posta en valor deste xacemento. O Concello de Vigo ten solicitado á Xunta de Galicia a súa participación, mediante convenio, na musealización destes restos arqueolóxicos que representan a orixe remota da nosa cidade.
O CASTRO DE VIGO
O monte do Castro ocupa unha posición central na cidade. Nas súas ladeiras e ata o mar desenvolveuse a vila medieval e moderna ata os nosos días. As distintas campañas de escavacións arqueolóxicas puxeron ó descuberto, principalmente na súa cara oeste, un total de 45 construccións pertencentes a un período que vai dende o século II-I antes de Cristo ata o século III despois de Cristo. Estas construccións pertencen tanto ó hábitat prerromano (circulares) como ó xa romanizado (cuadrangulares). Como consecuencia destas excavacións recuperonse gran cantidade de materiais arqueolóxicos (pezas de adorno persoal, recipientes de cerámica indíxena e de importación, muiños de man, ferramentas líticas e de ferro, moedas...) que se atopan depositados no Museo Municipal.
A CULTURA CASTREXA
A Cultura Castrexa. Contra o ano 600 a.Xc., desenvolveuse en Galicia unha cultura que coñecemos polos seus poboados fortificados: os castros, normalmente situados en outeiros, preto de cursos de auga, e con boas condicións naturais de defensa, ás veces complementadas por elementos artificiais, como foxos, terrapléns, e murallas. A vivenda é unha construcción de pedra con planta circular ou cuadrangular, normalmente nunha organización urbanística bastante anárquica, aínda que ás veces nótanse indicios dunha certa organización urbana ó agrupárense as casas en barrios e apareceren canles, enlousados, etc. se ben isto xa relacionado co contacto co mundo romano. A economía baseábase nunha agricultura cerealista, complementada pola colleita de froitos silvestres. Tamén está documentada a gandeiría e a explotación de recursos mariños. No interior de Galicia é moi importante o papel da minería. Ten esta cultura manifestacións importantes tamén na olería, escultura en pedra e orfebrería, con gran variedade de formas e decoracións.
Descargar todas as imaxes