Calviño avalía con Vitrasa e coa Federación de Veciños a campaña de Tráfico
O Departamento de Tráfico do Concello de Vigo estudiará a posibilidade trazada por Vitrasa de ampliar algúns dos espacios destinados a paradas de autobuses na cidade. Esta foi unha das peticións que o comité da empresa concesionaria de transporte público lle trasladou ao concelleiro Xulio Calviño ao longo dun encontro que mantiveron hoxe para evaluar o impacto no transporte público da campaña de tráfico iniciada polo Goberno municipal.
Calviño explicou que a importancia de aumentar estes espacios vese incrementada polo feito de que os autobuses de plataforma baixa precisan achegarse ás beirarrúas para que os vehículos das persoas minusválidas poidan acceder con facilidade aos autobuses, un tema que, segundo engadiu o Concelleiro, é unha preocupación prioritaria para o Goberno municipal.
Os representantes de Vitrasa comunicáronlle ao Concelleiro que a mellora da circulación rodada que se constata na cidade desde o comenzo da campaña de tráfico redunda nunha disminución de tempos e en máis movilidade para os autobuses. Ademais e co obxectivo de fomentar a mellora da situación da circulación, o Comité de Vitrasa comprometeuse a enviar ao Departamento de Tráfico un listado para que os técnicos o estudien das zonas que aínda se poderían mellorar.
Máis tarde, representantes da Federación de Veciños Eduardo Chao tamén fixeron un balance positivo dos resultados da campaña. Ao longo da reunión que mantiveron o Concelleiro adiantoulles outras medidas que o Goberno ten previsto aplicar a medio ou longo prazo para seguir mellorando o transporte público. A ampliación de carriles bus, garantizar que non se superen os tempos de aparcamento permitido na zona O.R.A. e a súa ampliación, tal e como solicitan os veciños e comerciantes determinadas zonas da cidade, son algunhas das propostas que se plantexará o Departamento de Tráfico.