Escoitar

O MARCO inicia unha retrospectiva de Alan Berliner

O Museo de Arte Contemporaneo programa para os días 14 ,15,21 e 22 de novembro una retrospectiva da obra do cineasta Alan Berliner. As proxeccións serán The Family Album,Intimate Stranger,Nobody’s Business,The Sweetest Sound,en horario de 20 h. a 22 horas.

xoves, 13 nov 2003
1068740321n.jpg
Nobody's Business
Alan Berliner ,cineasta e artista multimedia de Nova York é coñecido principalmente polas súas longametraxes documentais experimentais, que teñen recibido numerosos premios -entre os que destacan 3 Emmy- e importantes críticas, e que forman parte das coleccións permanentes de moitas bibliotecas, festivais, universidades e museos de todo o mundo.

A súa filmografía variada e suxerente, sempre na fronteira dos xéneros establecidos, desperta notable interese en países tan diferentes como Noruega, Brasil, Xapón, Alemaña, Arxentina, Gran Bretaña ou Australia. O conxunto da súa obra ofrece unha mirada orixinal, única e reveladora do xénero documental e da narrativa audiovisual en xeral.

Ademáis da súa filmografía como director, que suma un total de 17 películas, Alan Berliner produciu un gran número de instalacións e traballos de audio e vídeo. Gañador de 3 premios Emmy, foi o protagonista de retrospectivas en centros tan prestixiosos como o Museum of Modern Art (MOMA, 1993) ou o International Centre of Photography de Nova York.

En España os seus traballos puidéronse ver no Festival de Creación Audiovisual de Navarra (2002), e máis recentemente na exposición titulada "Tras la noticia", que actualmente se exhibe no Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB).

Calendario e programas

venres 14 e sábado 22 de novembro

Programa A
The Family Album, 1986 (60’)
Intimate Stranger, 1991 (60’)

sábado 15 e venres 21 de novembro

Programa B
Nobody’s Business, 1996 (60’)
The Sweetest Sound, 2001 (60’)

THE FAMILY ALBUM (1986)

Un documental experimental, no que se utiliza unha extensa colección de películas caseiras en 16mm desde os anos 20 ata os 50. As películas son documentos excepcionais sobre o folclore, a historia e a cultura americanos, desde a posición do ollo fotográfico amateur. A banda sonora está composta por entrevistas antigas, e por unha ecléctica variedade de gravacións familiares auténticas, incluíndo festas de aniversarios, cabodanos, bodas, funerais, cancións infantiles, leccións de música, ou discusións na cociña.

The Family Album é unha película collage que vai tecendo os seus elementos a través de episodios familiares, da infancia á idade adulta, da inocencia á experiencia, do nacemento á morte. Un retrato íntimo e xa universal da familia americana, non alleo ós conflictos e contradiccións que agocha a vida familiar e os seus rituais.

57 min, 16mm, branco e negro, USA 1986
Producción, dirección, fotografía, edición: Alan Berliner

PREMIOS E DISTINCIÓNS:
Biennial Exhibition, Whitney Museum of American Art (1987); Blue Ribbon (Primer premio), American Film Festival (1987); Golden Gate Award, "Experiments in Form", San Francisco International Film Festival (1987)


INTIMATE STRANGER (1991)

Probablemente nunca escoitou falar de Joseph Cassuto, pero ó final desta película pensará que foi o home máis escorregadizo, fascinante e incomprensible que teña vivido xamais. Cassuto é o avó materno de Alan Berliner, un xudeu de orixe palestino que vendía algodón ós xaponeses en Exipto antes da segunda Guerra Mundial. Cando as tropas de Hitler estaban a unhas millas de distancia de Alexandría, a familia de Cassuto dividiuse pola metade. Despois da guerra reúnense en Nova York, pero Cassuto permanece en Exipto. Despois trasládase a Xapón para pasar alí once meses ó ano, abandonando virtualmente á súa muller e fillos en Estados Unidos mentres continúa os seus negocios e unha relación amorosa de por vida coa cultura xaponesa.

Dezasete anos despois da súa morte, o seu neto constrúe un rompecabezas poético e emocional cos sucesos memorables da vida do seu avó. O resultado é unha curiosa mestura da súa admiración, do cariño dos seus socios xaponeses a Cassuto ou do resentemento da súa familia.

60 min, 16mm, cor, USA 1991
Producción, dirección, fotografía, edición: Alan Berliner
Productor executivo: Marc N.Weiss
Director executivo: David M. Davis
Coa axuda de New York State Council on the Arts, The Hoso Bunka Foundation, The National Endowment for the Arts, The Jerome Foundation, John D. And Catherine T. McArthur Foundation

PREMIOS E DISTINCIÓNS:
Emmy Nomination, National Academy of Television Arts and Sciences (1993); Distinguished Achievement Award, International Documentary Association (1993); Audience Award, 5th Most Popular Film, San Francisco International Film Festival (1992); Blue Ribbon (First Prize), American Film & Video Festival (1992); Grand Prize (non-fiction), USA Festival, Dallas, TX (1992); Special Jury Award, Cinéma du Réel Film Festival, Centre Georges Pompidou, Paris (1992); Southern Circuit Selection, Artist Touring Program (1992); Special Jury Award, Black Maria Film Festival (1991); World Premiere, New York Film Festival (1991).

NOBODY´S BUSINESS (1996)

Nesta ocasión, o solitario pai de Alan Berliner é o suxeito deste conmovedor e elegante estudio da historia e memoria familiar. Unha biografía única que atopa humor e patetismo no remuiño de conflictos e afectos que unen a pai e fillo. Finalmente, o seu complexo retrato é un encontro das mentes, onde o pasado se atopa co presente.

Como consolidación da súa obra anterior (Intimate Stranger, 1991), Nobody´s Business explora a outra metade da súa herdanza familiar, os Berliner. Utilizando a súa extensa familia como unha especie de laboratorio vivente, Berliner intenta desenmarañar os misterios da súa historia familiar, da súa xenealogía e da súa herdanza. A película transforma a vida privada e persoal nunha historia de sona universal.

60 min, color, 16mm, USA 1996
Producción, dirección, fotografía, edición: Alan Berliner.
Cámara: Mick Worthen.
Son: Joe Judd, Steve Robinson.
Música: Roger Phenix, Joann Williamn.
Mestura de son: Bill Seery / Mercer Street Sound.
Traduccións: Olga Litvak, Daniel Soyer, David Wachtel.
Asesor: Spenser Seidman.
Axudante de edición: Leslie Neblett.
Productor asociado: Frida Sterenberg.
Axudante de producción: Jason Brodkey

PREMIOS E DISTINCIÓNS:
Henry Hampton Award for Excellence in Film and Digital Media (2002); Emmy Award, National Academy of Television Arts and Sciences (1998); Chicago Silver Images Film Festival Visionary Award (2000); National Media Owl Award, National Retirement Foundation (1998); Director’s Choice Award, Charlotte Film and Video Festival (1998); First Prize for Innovation in Documentary, Festival dei Popoli, Florencia (1997); Mayor’s Prize for Best Documentary, Jerusalem International Film Festival (1997); Audience Award for Best Documentary Feature, Florida Film Festival (1997); Gold Apple, National Educational Media Network (1997); Grand Prix, Visions Du Réel International Documentary Film Festival, Nyon, Suiza (1997); Golden Spire Award, San Francisco International Film Festival (1997); Churches of the Ecumenical Jury Prize, Berlin International Film Festival (1997); The Caligari Film Prize, Berlin International Film Festival (1997); Southern Circuit Selection, Artist Touring Program (1997); World Premiere, New York Film Festival (1996).


THE SWEETEST SOUND (2001)

Alan Berliner é un avogado de Columbia, un traballador social de Seattle, Washington, e un célebre fotógrafo de Los Angeles, California. Canso de ser confundido con toda esa xente e con todo aquel que quixera comparti-lo seu nome, Alan Berliner, o cineasta de Nova York, decide liberarse do espantoso "Síndrome do Mesmo Nome". A súa solución: invita a cear á súa casa a tódolos Alan Berliner do mundo.

Con toda a intimidade e o humor dun ensaio persoal, Berliner sumérxese de cheo no mundo norteamericano na procura de tesouros e perigos agochados dentro do seu propio nome. Unha película que comeza coa busca de identidade e que se transforma nunha meditación sobre a mortalidade.

60 min, 16mm, colour, USA 2000
Dirección, producción, fotografía, edición: Alan Berliner.
Productor asociado: Laurie Wen.
Director de Fotografía: Richard Dallet.
Productor Consultor: Emily Stevens. Son: Bill Seery, Mercer Street Sound.
Animación por ordenador: Jaon Conradt.
Producido en asociación con ARTE/France, British Broadcasting Corporation, Finnish Broadcasting, Company/TV1, Independent Television Service.
Axudas e Subvencións de The Corporation for Public Broadcasting, The National Endowment for the Arts, The Righteous Persons Foundation, Public Broadcasting Servic, Kodak/P.O.V. "In the Works" Award, The New York Foundation for the Arts Sponsor: The Experimental Television Center, Ltd
Descargar todas as imaxes