Cociña , encadernación, reloxos artísticos e baile este fin de semana en " noites vivas"<br />
O vindeiro venres día 14 de Novembro ás 23 h., no Centro Xuvenil da Rúa Uruguai, 9, e dentro do Programa Noites Vivas, impartirase un obradoiro de Encadernación Artesanal. Tendo en conta a limitación de tempo o que se pretende realizar é un primeiro contacto cos materiais de encadernación, Colas, papeis ,cartóns, esta vez , montarase un lapiceiro e unha libreta caseira, de tal forma, que calquera sen saír de casa poida realizar un traballo así.
A intención é facer chegar á xuventude este tipo de traballos artesanais onde a imaxinación e a creatividade xogan un papel moi importante e de esta maneira asegurar a continuidade destas profesións que desgraciadamente tenden a desaparecer.
Ademais ese mesmo venres a oferta de ocio xuvenil se completa con obradoiros tan interesantes como o que se realizará no Castro de reloxos artísticos e que se repetirá tamén o sábado. Haberá tempo para a cociña no Centro Xuvenil da rúa Uruguai con obradoiros de canapés e para os xogos de rol na asociación Cancerbero, na rúa Heraclio Botana 6, baixo. Para divertirse bailando disponse de dous espacios: no Berbés ás 23:30 hs. con bailes latinos (Samba, Cha cha chá, Rumba, Pasodobre e "Jive"). . Os dous monitores desta actividade serán unha parella de baile que ademais realizarán unha exhibición, Gabriel Carrera Martínez (de 18 anos) e Patricia Martínez Pereira (de 13 anos) .En Abertal, se reunirán os e as afeccionadas ó break dance para aprender ou practicar.
O sábado segue sendo culinario, alomenos en Uruguai e Abertal, onde se impartirán sendos obradoiros gastronómicos, no primeiro sitio de chocolate e no segundo de pratos fríos. Nesta última sede os participantes en Noites Vivas poden aprender a facer un atrapasoños e utilizar os servicios de internet, e salas de xogos e xuntanzas ó mesmo que no Castro e na rúa Uruguai. Os horarios de celebración deste programa abranguen dende as 21 horas ata as 2 da madrugada, coa finalidade de atender as necesidades de ocio alternativo dun crecente número de xoves.
Descargar todas as imaxes