Aprobada a nova taxa da recollida do lixo
O pleno da corporación municipal, en sesión celebrada hoxe con carácter extraordinario, acordou a aprobación provisional da modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas da recollida do lixo e de recepción de residuos na planta de transferencias. A modificación aprobouse cos votos favorables do Partido Socialista, Partido Popular e Democracia Progresista Galega. Votou en contra o BNG.
Esta modificación repercutirá no incremento dun 8,7 por cento no recibo do lixo que pasará a custar o 75,65 euros para as vivendas e que entrará en vigor o ano próximo. Esta acción ven derivada polo contrato remitido ó Concello por SOGAMA no que se establece que o prezo unitario por T.M. retirada de residuos sólidos urbanos será a partir do 1 de xaneiro de 2004 de 44 euros , mailo IVE (47,08€).
Descargar todas as imaxes