xoves, 13 nov 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, considera que a elección de Vigo como porto de saída da Volta ao Mundo de Vela merece que todos os grupos políticos e institucións relevantes da cidade unan as súas forzas para que Vigo sexa capaz de sacarlle o máximo proveito a este transcendental evento deportivo.
xoves, 13 nov 2003
O barítono español Joan Pons acompañado ó piano de Marco Evangelisti ofrecerán un concerto o próximo venres, día 14, dentro do ciclo do música ARE MORE que organiza a Concellería de Cultura. O concerto comezará ás 20.30 horas no escenario do Cine Fraga-Caixa Galicia e o prezo da entrada é de 10 euros.<br />
xoves, 13 nov 2003
O Museo de Arte Contemporaneo programa para os días 14 ,15,21 e 22 de novembro una retrospectiva da obra do cineasta Alan Berliner. As proxeccións serán The Family Album,Intimate Stranger,Nobody’s Business,The Sweetest Sound,en horario de 20 h. a 22 horas.
xoves, 13 nov 2003
O vindeiro venres día 14 de Novembro ás 23 h., no Centro Xuvenil da Rúa Uruguai, 9, e dentro do Programa Noites Vivas, impartirase un obradoiro de Encadernación Artesanal. Tendo en conta a limitación de tempo o que se pretende realizar é un primeiro contacto cos materiais de encadernación, Colas, papeis ,cartóns, esta vez , montarase un lapiceiro e unha libreta caseira, de tal forma, que calquera sen saír de casa poida realizar un traballo así.
Anuncio
xoves, 13 nov 2003
A concellería de Participación Cidadá abre o prazo de convocatoria de subvencións para actividades de implantación das novas tecnoloxías da comunicación en entidades non lucrativas.