Escoitar

Os resultados da auditoría da depuradora coñeceranse antes de finais de ano

A concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Porteiro, presentou hoxe a posta en marcha da auditoría coa que se detectarán os problemas que puidera presentar a Estación Depuradora de Augas Residuais Lagares. Acompañada por un representante da empresa auditora, Novotec, a concelleira explicou que a previsión é que a finais de ano o Concello poida ter os resultados deste informe.

mércores, 12 nov 2003
1068652562depuradora.jpg
Porteiro e Bartolomé
O alcance da auditoría é comprobar se todos os equipos de operación e control están instaladas e funcionando, se a operación e funcionamento das instalacións son axeitadas ás condicións meteorolóxicas e as variacións estacionais, así como se o mantemento das instalacións e equipos é o correcto.

A concelleira anunciou que o venres manterá un encontro cos veciños de Coruxo e con técnicos da empresa auditora para que estes poidan trasladar as súas peticións ás previsións de análise da auditora. Segundo o responsable do estudio, no que xa levan traballando un mes, prolongaranse ao longo doutros trinta días e o custo será de 11.600 euros.
Descargar todas as imaxes