Escoitar

O Gran Circo Chino inicia en Vigo a súa xira deste ano

Do 12 ó 23 de novembro instalarase en Vigo a superproducción do Gran Circo Nacional Chino, Zensation, tralo éxito da súa primeira xira o ano pasado con máis de 200.000 espectadores. A presencia do circo en Vigo conta coa colaboración da concellería de Cultura e inicia na nosa cidade a súa xira por España que se alongará durante seis meses. O prezo das localidades van desde os 36 ós 15 euros.

martes, 11 nov 2003
1068561272chino.jpg
Artístas do circo na rúa do Príncipe
Zensation instalarase no recinto do IFEVI baixo unha grande carpa na que se poderá ver a nova imaxe do circo chino con 2000 anos de antigüidade. Beleza, emoción e un alto grao de preparación técnica son os principais ingredientes de Zensation, un espectáculo que conten números galardoados internacionalmente e premiados con o Clown de Ouro e Prata polo Festival Internacional do Circo de Montecarlo.

Para esta producción Zensation os artistas chinos traballaron durante anos neste programa conseguindo o equilibrio perfecto entre acción e poesía, deixando ver o gran avance que logrou o circo tradicional chino nestes últimos anos.
Descargar todas as imaxes