Exposición fotográfica na Casa da Xuventude de Tony Fernández
A partires do día 11 de novembro escomenza unha nova mostra de fotografía a cargo de Tony Fernández. Esta mostra titulada América descuberta, fai un repaso por realidades diferentes recollidas pola cámara de Tony, arxentino de nacemento e residente en Galiza, que pretende dar unha visión persoal dun continente do que parece, non sabemos todo o que se podería contar.
Para poder achegarse a él, ver outros puntos de vista e ter unha ollada real, o fotógrafo pon a nosa disposición esta colección de imaxes que paga a pena achegarse a ver. Aquelas persoas que queiran coñecer e saúdar ó artista, poden acudir á inauguración que fai desta mostra este mesmo venres día 14 ás 19 horas.
As obras permanecerán expostas ata o venres 21 de novembro e poderán
contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10 a 14 horas e
pola tarde de 17 a 21 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora nº
31.