Escoitar

A biblioteca central acolle unhas xornadas sobre do afundimento do Prestige

O Concelleiro de Cultura, Xosé Carlos Arias, e representantes da Asociación Galega de Editores presentaron o programa "Mar, imaxes e palabras. Un ano de experiencias", con motivo do aniversario do afundimento do Prestige. As actividades culturais, enmarcadas dentro deste programa, terán lugar dende o luns 10 ó venres 14 de novembro de 2003 na Biblioteca Central.

venres, 7 nov 2003
1068219897pres.jpg
Entre as actividades que están programadas figuran proxeccións de vídeos, a presentación dos libros "Marea Negra" e " A praia da esperanza", unha conferencia sobre o tratamento informativo do acontecemento do Prestige, e un recital poético .

Programa :

Luns, 10 de novembro
Comenzo das proxeccións de vídeos: "A catástrofe do Prestige", "Os fondos Mariños", "A illa de loito".
Lugar: sala de conferencias
As proxeccións efectuaranse periodicamente ás 10.00, 12.00, 16.00, 18.00 horas, de luns a venres.


Martes, 11 de novembro
10.00: Presentación do libro "Marea negra", de Pepe Carreiro, ed. A Nosa Terra.
Lugar: Sala infantil

19.30: "O tratamento informativo do acontecido co Prestige". Interveñen Gustavo Luca de Tena, periodista e colaborador de A Nosa Terra, Caetano Díaz, subdirector do xornal El Correo Gallego, Xavier Vaz, profesor da Facultade de Xornalismo de Santiago.
Lugar: Hemeroteca.

Mércores, 12 de novembro
10.00: "O impacto dos verquidos nas tartarugas e os mamíferos mariños", por Alfredo López, biólogo da Coordinadora ecolóxica de mamíferos mariños (CEMMA).
Lugar: Sala Infantil

19.30: "Un ano de experiencias". Coloquio. Interveñen: Jorge Pérez, vicepatrón da Confradía de Aldán, Elsa Vázquez, profesora do departamento de ecoloxía e bioloxía animal da Universidade de Vigo, Rosa Maside, do colectivo Burla Negra, Julio Alonso, patrón de pesca.
Lugar: Hemeroteca

Xoves, 13 de novembro
18.00: Viento en las velas. Alexander Mackendrick, 1965. Proxección do Cineclube "Toliños polo cinema"

19.30: Recital poético a cargo de As redes Escarlata. Interveñen: Gonzalo Navaza, Manuel Vidal Vilaverde, Anxo Angueira, Xoaquín Silva, Brais González, Iago Castro, Elvira Riveiro, Alberte Moman, Silvia Penas, Isaac Rubín, Xoán Montero.
Lugar: Sala de lectura

Venres, 14 de novembro
19.00: Presentación do libro "A praia da Esperanza", de Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.
Lugar: Sala Infantil

ACTIVIDADES PARALELAS
Exposición de 40 publicacións, relacionadas con diferentes aspectos do tema (A Nosa Terra, Tambre, Xerais, Galaxia, Laiovento, toxosoutos, Hércules...)
Lugar: Sala de exposicións.

Proxección de diversos documentais.
Lugar: Sala de conferencias
Descargar todas as imaxes