Escoitar

Belén Sío defendera nun coloquio as políticas municipais de inserción laboral de persoas con discapacidade

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presenta unha ponencia no marco do coloquio "A inserción laboral de persoas con discapacidade" que se celebra esta tarde no hotel NH Palacio de Vigo e que organiza o grupo Manpower con motivo do Ano Europeo para as persoas con discapacidade. En España, tres millóns e medio de persoas teñen algunha discapacidade física, sensorial, psíquica ou mental. Dos que están en idade de traballar –un millón e medio- só están empregados 429.000.

xoves, 6 nov 2003
1068125180b.jpg
Belén Sío
O coloquio comezará ás 19 horas no salón privado do Hotel Palacio de Vigo, e participarán empresarios da zona , asociacións de discapacitados, representantes da Xunta de Galicia e de concellos da provincia. Belén Sío presentará as accións que desenvolve o Concello dende as concellerías de Emprego e Benestar Social co horizonte de mellorar as condicións de emprego e facilitar a integración no mercado laboral dos cidadáns .

A concelleira detallará os obxectivos e actuacións do Plan Municipal de Emprego que consiste nunha ampla batería de programas interrelacionados, que abarcan a totalidade de proceso de busca de emprego, coa pretensión de xogar un papel dinamizador no mercado laboral e na actividade económica do seu ámbito de influencia. Belen Sío defenderá os programas que desenvolve o Concello relativos ás escolas obradoiros, os obradoiros de emprego, cursos de formación ocupacional, proxecto Abeiro, programa PROMIL, programas de cooperación Xunta de Galicia-Concello de Vigo, servicio de orientación laboral, servicio de asesoramento a emprendedores.

Sobre as accións de integración das persoas con minusvalías, Belén Sío, exporá o traballo que se desenvolve desde a concellería de Benestar Social, a través do Gabinete Técnico de Accesibilidade, as campañas de sensibilización ao fomento da contratación de persoas con discapacidades.
Descargar todas as imaxes