Escoitar

As centrais sindicais debaten sobre a formación e ocupación feminina

A formación e ocupación feminina centran o debate do VIII Encontro Sindical da Muller que organizan os sindicatos CIG,UXT e CC.OO. en colaboración coa concellería da Muller e que terá lugar os días 6 e 7 de novembro no salón de actos do Hotel Lisboa.

mércores, 5 nov 2003
1068044229encontro.jpg
Presentación do Encontro
María Xosé Porteiro, concelleira da Muller, subliñou que entre os obxectivos compartidos entre o Concello e as centrais sindicais é traballar en diminuír as dificultades do acceso ó traballo que teñen as mulleres.

As prioridades sobre as que xira o encontro son rebaixar a taxa de paro feminino, incrementar a ocupabilidade e avanzar no camiño da igualdade.

A inauguración do encontro terá lugar o día 6 ás 10 horas e estará a cargo da concelleira da Muller. Ese día as conferencias tratarán sobre "situación formativa no mercado laboral galego", " a formación como factor de cambio", "formación inicial ou ocupacional" e "Reciclaxe ou formación continua".

O venres, día 7, presentarase unha ponencia sobre formación sindical: lexislación e actuacións, saúde laboral, medio ambiente, estatuto dos traballadores e negociación colectiva.
Descargar todas as imaxes