Escoitar

Unha enfermidade vírica provocou a morte da cría de lince de Vigozoo

"Panleucopenia felina" é o diagnóstico do informe anatomopatolóxico realizado á cría de lince que falecía a semana pasada no zoolóxico. O informe presentou esta mañá o xerente do parque ós membros do consello de administración do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigozoo.

xoves, 6 nov 2003
Segundo o informe a panleucopenia felina é " unha enfermidade vírica dos felinos e que normalmente so causa mortalidade en animais xoves. O animal estaba vacinado fronte a esta enfermidade, pero existen diversas causas que puideron provocar que a vacina non lograra unha inmunidade no animal". O informe realizouse no Hospital Clínico Veterinario de Lugo.

O consello de administración decidíu non abrir ningún tipo de investigación paralela xa que deu por bó o resultado da necropsia e acordouse realizar unha desinfección vírica do habitaculo dos linces.