Escoitar
Anuncio de Participación Cidadá

Convocatoria para uso de espacios no Centro Cívico do Casco Vello

A Concellería de Participación Cidadá anuncia segunda convocatoria de concurso para a autorización do uso e goce de espacios de uso privativo no Viveiro de Asociacións do Centro Cívico do Casco Vello.

venres, 7 nov 2003
Obxecto: Autorización para a ocupación e uso dous despachos baleiros D e F, para a xestión e administración de organizacións non lucrativas, no Centro Cívico "Casco Vello". Prazo de cesión: por un ano natural, renovable polo prazo máximo de tres anos.

Tramitación e forma de adxudicación: ordinaria - concurso.

Obtención da documentación:
Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n 36202 Vigo, de 9.00 a 13.30 horas, excepto festivos.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación das proposicións.

Presentación das solicitudes:
Prazo: 15 días naturais contados a partir do día seguinte da súa publicación no BOP, 6 de novembro de 2003.
As solicitudes realizaranse por escrito no modelo que se achega nas bases (anexo 3) argumentarase o motivo da petición e achegarase a documentación e información esixida na claúsula vixésimosegunda das bases que rexen o concurso.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo, de 9.00 a 13.30 horas, excepto festivos.