Escoitar

Reunión da Comisión de Goberno

Os membros da Comisión de Goberno reunense o luns , día 10, a partir da nove da mañá, en sesión ordinaria na que tratarán, entre outros asuntos, o préstamo de fotografías do Concello de Vigó ó Museo do Mar para unha exposición temporal.

venres, 7 nov 2003
1.- Actas das sesións ordinarias do 27 de outubro e 3 de novembro de 2003.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 03/8361/97 e 03/8362/97 (acumulados) interposto por Dª. ASUNCIÓN HERNANDEZ GRIJOTA contra desestimación de rec.reposición en relación con liquidación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos. Estimado.

3.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4649/99 interposto por FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS S.A. contra desestimación presunta de reclamación sobre aboamento de distintas facturas e xuros de mora. Estimado.

4.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 319/2002 interposto por Dª Mª DEL CARMEN CALVO MOYA contra desestimación presunta de rec.reposición en relación coa imposición de sanción de tráfico. Estimado.

5.- Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 12/2003 interposto por D. JOSE MARQUINA VAZQUEZ en relación coa liquidación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos. Desestimento.

CULTURA
6.- Préstamo de fotografías da colección fotográfica do Concello de Vigo á Fundación Consorcio da Zona Franca de Vigo (Museo do Mar de Galicia) para exposición temporal.

INTERVENCIÓN
7.- Xustificantes de libramento.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
8.- Indemnización substitutiva e recoñecemento de débeda a favor de LIMBER Multiservicios pola prestación do servicio de atención cidadá e conserxería dos tres centros cívicos. Expte.335/321.

PATRIMONIO HISTÓRICO
9.- Revogación de subvención para rehabilitación de fachadas e cuberta do edificio nº 1 da rúa Colón concedida por C.Goberno de 29.12.01. Expte. 1795/307.

TESOURERÍA
10.- Baixa no convenio de colaboración na recadación de tributos municipais da entidade Bankinter S.A.

VIAS E OBRAS
11.- Aprobación técnica do proxecto de renovación das comportas de fondo do encoro de Zamáns-Vigo. Expte. 39427/250.

12.- Aprobación técnica do proxecto de reconstrucción da pérgola de Jenaro de la Fuente. Expte. 39422/250.

13.- Rogos e preguntas.