luns, 10 novembro 2003

O Alcalde preside o Gabinete de Accesibilidade

A situación na que se atopa o convenio de obras de accesibilidad co Imserso e a Fundación ONCE, os problemas de accesos detectados no Campus da Universidade ou no Marco foron algunhos dos temas que se abordaron durante o Gabinete Técnico de Accesibilidade que hoxe se desenvolveu na sala da Comisión de Goberno.

O Concello reconstruirá a pérgola de Jenaro de la Fuente

luns, 10 nov 2003

O Consello de Goberno aprobou o proxecto de reconstrucción da pérgola de Jenaro de la Fuente, con un presuposto de base de licitación de 250.168 euros. O obxectivo deste proxecto é definir e valorar as obras necesarias para recuperar a pérgola que Jenaro da Fuente Álvarez diseñou para a praza de Portugal e que na actualidade se atopa desmontada e distrubuida por distintos lugares de Vigo, aínda que nestes intres as pezas están localizadas, segundo explicou en rolda de prensa, o concelleiro de Vía Urbana, Miguel Barros.

Exposición fotográfica na Casa da Xuventude de Tony Fernández

luns, 10 nov 2003

A partires do día 11 de novembro escomenza unha nova mostra de fotografía a cargo de Tony Fernández. Esta mostra titulada América descuberta, fai un repaso por realidades diferentes recollidas pola cámara de Tony, arxentino de nacemento e residente en Galiza, que pretende dar unha visión persoal dun continente do que parece, non sabemos todo o que se podería contar.