venres, 14 novembro 2003

Calviño avalía con Vitrasa e coa Federación de Veciños a campaña de Tráfico

O Departamento de Tráfico do Concello de Vigo estudiará a posibilidade trazada por Vitrasa de ampliar algúns dos espacios destinados a paradas de autobuses na cidade. Esta foi unha das peticións que o comité da empresa concesionaria de transporte público lle trasladou ao concelleiro Xulio Calviño ao longo dun encontro que mantiveron hoxe para evaluar o impacto no transporte público da campaña de tráfico iniciada polo Goberno municipal.

Miguel Barros participará na Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que se organiza en Xixón

venres, 14 nov 2003

O concelleiro de Vía Urbana, Miguel Barros, participará na reunión do VI Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que se desenvolverá o luns 17 de novembro en Xixón. No encontro, estudiarase un documento de estratexia sobre a acción da Conferencia nos próximos dous anos, ademais de abordarse temas vencellados á política rexional europea, á axenda das distintas comisións que integran este organismo.

"24 horas sen alcohol"

venres, 14 nov 2003

Co motivo da celebración das "24 horas sen Alcohol na Comunidade Galega", as entidades que compoñen o Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo, propoñen entre outras cuestións que as concellería non aparezan como cofinanciadoras en eventos patrocinados por empresas productoras ou distribuidoras de bebidas alcohólicas.

Reunión da Comisión de Goberno

venres, 14 nov 2003

Os membros da Comisión de Goberno celebran reunión o vindiero luns,día 17, a partir das 9 da mañá, para tratar entre outros asuntos da orde do día Ampliación da contía destinada á convocatoria de 2003 do programa de axudas municipais á creación de empresas, no marco do Plan municipal de Emprego.