Escoitar

"24 horas sen alcohol"

Co motivo da celebración das "24 horas sen Alcohol na Comunidade Galega", as entidades que compoñen o Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo, propoñen entre outras cuestións que as concellería non aparezan como cofinanciadoras en eventos patrocinados por empresas productoras ou distribuidoras de bebidas alcohólicas.

venres, 14 nov 2003
Tamén propoñen incidir no potencial preventivo dos programas de ocio e tempo libre; realizar campañas publicitarias relativas tanto á prevención primaria como ó consumo responsable entendendo a saúde como un concepto xenérico.

O Plan Local establece tamén a vixilancia, control, retirada ou sanción da publicidade exposta no mobiliario urbano, carteis preto dos centros de ensino, así como a vixilancia e sancións oportunas ó incumprimento da Lei 2/1996 de 8 de maio de Galicia sobre Drogas e promove-las bebidas alternativas en stands nas festas.