Escoitar
Anuncio

Cortes de tráfico e cambios de circulación

A concellería de Seguridade, Tráfico e Transporte anuncia que a partir do próximo luns día 17 produciranse cortes de tráfico por obras e cambios no sentido de circulación en varias rúas da cidade.

venres, 14 nov 2003
Camiño de Frián
Ponse en coñecemento do público en xeral que a partir do vindeiro luns, 17 de novembro a partir das 9.00 horas, o camiño de Frián, no tramo que discorre paralelo á Travesía de Vigo, entre Coutadas e a rúa Robleda, establécese sentido único de circulación entrando dende Coutadas e saíndo á rúa Robleda.

No mesmo momento, e para mellorar a fluidez do tráfico nas rúas Robleda e Frián, prohibirase a parada na marxe esquerda do sentido de baixada desta entre a Travesía de Vigo e o barrio Grupo San Pablo.

Núñez de Balboa

Por mor das obras de pavimentado e reparación de beiravías na rúa Nuñez de Balboa, pecharase ó tráfico o tramo desta entre Tomás A.Alonso e Camiño Cordeira, a partir do vindeiro luns 17 de novembro, dende as 10.00 horas, ata o 29 do mesmo mes.

O acceso será exclusivo para residentes, entrando e saíndo en dobre sentido de circulación dende Cordeira.

Coutadas

Por mor das obras de canalización para cable de telecomunicacións na rúa COUTADAS, pecharase ó tráfico o tramo desta entre Sanjurjo Badía e Santander, a partir do vindeiro luns 17 de novembro ata o 30 do mesmo mes, de 8.00 a 20.00 horas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.