Escoitar

O alcalde convoca as forzas políticas e institucións a colaborar na organización da Volta ao Mundo de Vela

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, considera que a elección de Vigo como porto de saída da Volta ao Mundo de Vela merece que todos os grupos políticos e institucións relevantes da cidade unan as súas forzas para que Vigo sexa capaz de sacarlle o máximo proveito a este transcendental evento deportivo.

xoves, 13 nov 2003
1068745727vela.jpg
"Es necesario escuchar a todos los grupos políticos y entidades sociales. Nuestra intención es que formen parte de la organización el mayor número de colectivos posibles, para lo que convocaremos también al Consello Ecómico e Social", apuntou o alcalde durante a rolda de prensa na que estivo acompañado pola concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro.

Pérez Mariño asegura que con unha perspectiva de dous anos non se pode improvisar a preparación da Volta ao Mundo de Vela, senón que hai que traballar para buscar fórmulas para que as adaptacións que esixa esta organización sexan útiles no tempo para todos os cidadáns. O rexedor fixo especial fincapé na súa comparecencia de prensa en resaltar os beneficios que vai deixar na cidade e no conxunto da Comunidade galega a Volvo Ocean Race e reiteroulle o seu agradecemento á Xunta de Galicia e ao presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo, Pedro Campos.

Pola súa parte, María Xosé Porteiro explicou que debe aproveitarse o impulso deste acontecemento para potenciar os deportes náuticos como liña de traballo na Concellería que de Deportes e engadiu que "un evento deste tipo ten que ser algo máis que un recordo na historia da cidade".
Descargar todas as imaxes