Escoitar

"Plan de choque" para o Casco Vello

A posta en marcha dun "plan de choque" no Casco Vello para resolver as carencias desta zona da cidade foi un dos acordos alcanzados esta mañá nunha xunta entre os concelleiros de Patrimonio Histórico e Vía Urbana, Xosé Carlos Arias e Miguel Barros, respectivamente, con técnicos municipais.

mércores, 12 nov 2003
As actuacións máis urxentes que hai que acometer no Casco Vello, segundo as conclusións da reunión, refírense á rede de saneamento, ó alumeado e ó mantemento dos espacios públicos. A próxima semana os concelleiros e os técnicos municipais realizaran unha visitas por distintas zonas do barrio histórico para coñecer sobre o terreo as carencias.