O Concello e Ovarias editan unha guía para fomentar o emprego e a cidadanía activa das mulleres
A concelleira de Muller, María Xosé Porteiro, presentou hoxe as publicacións "Emprego e cidadanía activa das mulleres" e "Empresaria" nas que o departamento municipal colaborou con Ovarias. Coordinadora de Mulleres contra a violencia dentro da iniciativa comunitaria URB-AL. Vigo é un dos municipios que integran o proxecto, ao que se suman Rosario, en Arxentina; Montevideo, en Uruguai; Toscana, en Italia e Sao Paolo, que coordina o proxecto. Esta iniciativa ten como eixo fundamental coñecer, promover e divulgar experiencias locais de xeración de ingresos no colectivo de mulleres de sectores desfavorecidos.
O Concello de Vigo traballa desde hai tempo na mellora da formación e no apoio de iniciativas para a creación de empresas. Deste xeito, desde a Concellería da Muller impulsouse o "1 Plan de acción para combater a violencia contra as mulleres 2000/03" e o "II Plan municipal para a igualdade de oportunidades e de tratos das mulleres de Vigo 2003/2004".
Dentro da iniciativa URB-AL, a Concellería da Muller e Ovarias participaron como socias no proxecto "Emprego e cidadanía activa das mulleres". A experiencia de Vigo presenta dous eixes fundamentais. O primeiro deles fai referencia á realización dun estudio-investigación que ten como finalidade revelar emprendimentos económicos liderados por mulleres da comarca de Vigo como alternativas viables da incorporación das mulleres ao mercado laboral. A experiencia piloto consistiu en formar na capacitación a un grupo de mulleres víctimas da violencia para a creación dunha empresa de economía social: Empresa de servicios e de atención ás necesidades familiares. Esta experiencia levouse a cabo por un grupo de sete mulleres pertencentes á asociación Ovarias. Coordinadora de mulleres contra a violencia. Facilitóuselles formación nas habilidades para o traballo en grupo, atención e coidado das persoas maiores e da poboación infantil, coidados médicos, primeiros auxilios e formación e asesoramento empresarial. Ademais, elaborouse o material didáctico "Empresaria", guía coa que se pretenden favorecer e fomentar o autoemprego no colectivo das mulleres.
Outro dos obxectivos da iniciativa URB-AL é o establecemento de redes de cooperación internacionais. Desde a Concellería quere facerse especial fincapé en resaltar a importancia que tiveron as dúas xuntanzas do grupo de municipios socios, a primeira, en Sao Paulo, e a segunda en Vigo, o pasado mes de maio. Estes encontros permitiron un intercambio enriquecedor de experiencias e favoreceron o desenvolvemento de políticas públicas locais. O proxecto rematou o pasado mes de setembro, despois de prologarse durante dezaoito meses.
Descargar todas as imaxes