Escoitar

Traballadores de PROMIL acondicionan espacio público do Casco Vello

Os servicios municipais de Patrimonio Histórico e de Promoción Económica e Emprego iniciaron hoxe unha colaboración para acometer un programa de pequenas reparacións e mellora estética de elementos deteriorados no espacio público do Casco Vello.

martes, 11 nov 2003
Estes labores realizaranse por medio dun equipo de obras formado por traballadores pertencentes ó Programa Municipal de Integración Laboral (PROMIL), que repararán inicialmente desperfectos en pavimentos pétreos, varandas, pintado de elementos do mobiliario urbano e reposición de identificadores de arquetas e rexistros que teñen desaparecido.

O equipo de obras está formado por canteiros, albaneis, ferreiros e pintores que contan coa dirección do equipo técnico de lugares e actuarán en función das demandas expresadas polo Servicio de Patrimonio Histórico naqueles lugares onde se teñen detectado deficiencias.

PROMI viña traballando principalmente en actuacións de mellora e reposición en distintas parroquias e farao agora por primeira vez no Casco Vello. Esta actuación, de carácter experimental ata o 15 de decembro de 2003, ten neste sentido un dobre obxectivo: por unha banda mellorar as condicións estéticas e funcionais do barrio histórico e, por outra, a realización de prácticas dos traballadores no sector da rehabilitación urbana con forte demanda de man de obra cualificada.