Escoitar

Concerto do barítono Joan Pons no ARE-MORE

O barítono español Joan Pons acompañado ó piano de Marco Evangelisti ofrecerán un concerto o próximo venres, día 14, dentro do ciclo do música ARE MORE que organiza a Concellería de Cultura. O concerto comezará ás 20.30 horas no escenario do Cine Fraga-Caixa Galicia e o prezo da entrada é de 10 euros.<br />

xoves, 13 nov 2003
1068649969pons.jpg
Joan Pons
No concerto interpretaranse obras de Paolo Tosti, Giuseppe Mazza, Martínez Valls, Reveriano Soutullo, Carlos Guastavino, Alberto Ginastera, Giuseppe Verdi, Ruggiero Leoncavallo e Umberto Giordano.

JOAN PONS

Barítono español, recoñecido internacionalmente coma un dos principais barítonos dramáticos do noso tempo. Ganou a atención do público e a crítica mundial cando en decembro de 1980 abriu a tempada da Scala de Milán protagonizando Falstaff, baixo a dirección de Lorin Maazel. Ó longo da súa carreira, Pons cantou regularmente nas máis prestixiosas compañías de ópera do mundo e compartiu escenario cos tenores máis importantes.

Joan Pons situouse nas cimas máis altas da Lírica e a súa voz considérase unha das máis importantes na lírica mundial. As súas actuacións "assoleixen" que os críticos máis esixentes multipliquen os adxectivos que só dedicaran a Tito Gobbi e a Giuseppe Taddei, entre os barítonos da posguerra e que foi considerado como o herdeiro do mítico Mariano Stabile.

MARCO EVANGELISTI

Nacido en Pietrasanta (Lucca). Obtén o título de piano en 1982 no instituto Musical Pietro Mascagni de Livorno. Realiza estudios de composición co Mestre Giani Luporini.

Nos últimos anos actuou como pianista acompañante en recitais de ópera e música de cámara xunto a novos valores da lírica e grandes intérpretes consagrados como Montserrat Caballé, Rockwell Blake e Jaime Aragall, con quen colabora habitualmente.

PROGRAMA DO CONCERTO

I PARTE

Francesco Paolo Tosti (1846-1916)
Malia
Vorrei Morir
Aprile
Tristezza
Ideale
Non t´amo piú

Giuseppe Mazza (1806-1885).
Cavatina de El Maestro Campanone.

Rafael Martínez Valls (1884-1946)
Canço d´amor i guerra
(ária de L´avi Castellet).

Reveriano Soutullo (1884-1933)
Ya mis horas felices
(ária de La del Soto del Parral)

II PARTE

Carlos Guastavino (1914)
La rosa y el sauce.
Mi garganta.
Cita.
Pueblito mi pueblo.

Alberto Ginastera (1916-1983)
Canción al árbol del olvido.
Gato.

Giuseppe Verdi (1813-1901).
Di Provenza il mar il sol
(aria de La Traviata)

Ruggiero Leoncavallo (1857-1919)
Zazá, piccola zingara (ária de Zazá).

Umberto Giordano (1867-1948)
Nemico della patria (ária de Andrea Chenier)
1068649969pons.jpg
1068649995ARE.jpg
Descargar todas as imaxes