Miguel Barros participará na Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que se organiza en Xixón
O concelleiro de Vía Urbana, Miguel Barros, participará na reunión do VI Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que se desenvolverá o luns 17 de novembro en Xixón. No encontro, estudiarase un documento de estratexia sobre a acción da Conferencia nos próximos dous anos, ademais de abordarse temas vencellados á política rexional europea, á axenda das distintas comisións que integran este organismo.
A Conferencia de Cidades do Arco Atlántico é unha rede creada no año 2000 e que agrupa a 34 cidades de toda España, Portugal, Francia, Gran Bretaña e Irlanda. O obxectivo prioritario deste organismo é promover un desenvolvemento territorial equilibrado entre todas as rexións que integran a Europa Comunitaria, un reto que se intensificará aínda máis coa próxima incorporación dunha ducia de estado o Este.
A rede estructúrase en torno a cinco comisións: Desenvolvemento Económico; Desenvolvemento Urbán; Cultura e Patrimonio; Accesibilidade e Cidades Portuarias, esta última presidida polo alcalde de Vigo Ventura Pérez Mariño, e que estará representado polo concelleiro Miguel Barros.