Escoitar

A Comisión de Goberno aprobou o prego de condicións para a prestación de servicios na Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas.

A Comisión de Goberno aprobou o prego de condicións para a prestación de servicios na casa de acollida e piso titulado para mulleres maltratadas no Concello de Vigo por un total de 292.728 euros.

luns, 17 nov 2003
A Concellería da Muller recalca que a Casa de Acollida deu cabida durante o ano 2002 a 48 mulleres, acompañadas dos seus fillos, e fai especial fincapé na importancia desta iniciativa lembrando que o Centro de Información dos Dereitos da Muller atendeu durante o 2002 un total de 2.818 visitas, das que 1.707 foron por malos tratos. A Casa da Acollida foi creada polo Concello de Vigo 1990.

Os membros da Comisión de Goberno, a súa vez, autorizaron o gasto de 20.865 euros por ano para a contratación da asistencia técnica para a dirección dos traballos de mantemento dos campos de fútbol municipais de Balaídos, Madroa e Barreiro. Ademais, tamén se deu luz verde ao gasto de 32.059 euros por ano para o mantemento do terreo de xogo do estadio municipal de Balaídos.

Outro dos acordos adoptados foi autorizar o gasto de 11.838 euros para a subministración e instalación de caldeiras de calefacción e auga quente en colexios públicos do Concello de Vigo. Ademais, tamén se aprobou a inversión de 57.800 euros para a subministración e instalación dus tistema de almacenamento de datos en rede (SAN) para o servicio de informática do Concello a cargo dos presupostos de 2003.

Seguindo coa equipación informática, tamén se aprobou unha inversión de 30.000 euros para a suministración de equipos para a informatización do servicio de Atención Cidadá.