A Policía Local adica o seu Tercer Torneo de Fútbol aos discapacitados
O terceiro Torneo de Fútbol de Corpos e Forzas de Seguridade, organizado pola Policía Local de Vigo, xogará a súa final o 4 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón do Carme. Os deportistas Pablo Beiro e Chano Rodríguez serán os encargados de facer o saque de honra da final do campeonato, adicado este ano ás persoas discapacitadas, con motivo do Ano Europeo do Discapacitado.
O sarxento José Antonio Sotelo e os axentes Ricardo Méndez Paz e José Luis Rolo, presentaron acompañados da concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro o calendario do torneo, que xa comenzou a disputarse.A semana que ven celebraránse as semifinais e os partidos disputaranse martes e xoves no Pavillón de As Travesas, a partir das 17:00 horas. Os axentes da Policía Local, que recordaron os sus éxitos durante as pasadas olimpiadas de Policías e Bombeiros de Barcelona, mostraron a súa confianza en que se repitan os resultados do ano pasado, cando o seu Corpo fixose coa victoria.
No campeonato compiten membros da Garda Civil, a Policía Autonómica, Nacional, Bombeiros e a Policía Local de Moaña, Val Miñor, Porriño e Vigo.
Descargar todas as imaxes
No campeonato compiten membros da Garda Civil, a Policía Autonómica, Nacional, Bombeiros e a Policía Local de Moaña, Val Miñor, Porriño e Vigo.