Medidas de tráfico para as datas de nadal
O concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, anunciou que dende hoxe e ata o día 7 de xaneiro reabrirase ó tráfico rodado no treito de Urzáiz entre Hernán Cortés e Gran Vía, así como no sentido ascendente de Gran Vía entre Urzáiz e María Berdiales.Por tal motivo e dado que o tráfico polas rúas Hernán Cortés e Luis Braille verase disminuido sensiblemente, permitirase o estacionamento regulado por zona ORA en ámbalas dúas marxes das devanditas rúas e situaranse así mesmo as pertinentes zonas de carga e descarga.
En todo o demáis, o deseño de circulación actual na zona, que prohibe baixar pola rúa Urzáiz agás ós vehículos de transporte público e ós de gálibo superior a 2,5 metros que o poden facer ata a rúa Cervantes, no varía en absoluto.
Débese reseñar que esta nova medida no tráfico, motivada pola execución da obra do aparcadoiro soterrado da rúa Urzáiz, establécese exclusivamente para o período do Nadal comprendido entre os días 11 de decembro de 2003 e 7 de xaneiro de 2004 e co fin de axilizar na medida do posible, a circulación no centro da cidade así como aumentar o máximo posible as zonas de estacionamento de vehículos en superficie.
A partir do 7 de xaneiro do vindeiro ano 2004, por mor da cuarta fase das obras, ocuparase a outra metade da rúa Urzáiz no treito entre Cervantes e Gran Vía polo que o tráfico de vehículos obrigatoriamente continuará circulando polas rúas Hernán Cortés e Luis Braille co mesmo deseño actual e a conseguinte restricción de estacionamento nestas rúas.
O concelleiro anunciou tamén a nova ordenación de tráfico na zona do Mercado do Progreso, trala humanización das rúas María Berdiales e Velázquez Moreno.