O alcalde mostra o Concello "por dentro" a un grupo de alumnos das Escolas Nieto
O Alcalde de Vigo en funcións, Ventura Pérez Mariño, recibiu hoxe no Concello a un grupo de trinta alumnos de segundo da ESO das Escolas Nieto aos que lles mostrou a sala de Plenos e onde respostou ás preguntas que lle pediron os rapaces.
Al longo deste encontro, que se enmarca dentro do programa promovido pola Concellería de Educación, "Vigo por dentro", Pérez Mariño recalcou a importancia de que existan e se cumpran as normas vixentes para favorecer a convivencia na sociedade, ademais de explicar o funcionamento interno do Concello.
A iniciativa "Vigo por dentro" leva doce anos funcionando e permite a máis de trinta mil escolares a posibilidade de achegarse a setenta entidades e institucións diferentes dentro da cidade, tales como museos, empresas, o porto de Vigo ou a Universidade, entre outros.
Descargar todas as imaxes