Noites Vivas para a fin de semana
As Noites Vivas, programa da Concellería de Xuventude, presentase esta fin de semana coma anticipo o Nadal e esto vese reflectido nas actividades que se realizarán nas distintas sedes.
No parque de bicis do Castro haberá un obradoiro de elaboración de postais dixitais de Nadal que continuará ata o sábado día 13, combinando estas actividades con outras como o acceso a Internet, os xogos en rede, o torneo de dardos e o xadrez.
Os que queiran dedicarse á cociña teñen ocasión de facelo no Centro Xuvenil da rúa Uruguai con receitas galegas o venres, onde tamén se dispón dun servicio de acceso a Internet e salas de xogos e obradoiros.
Unha das actividades de máis éxito no programa Noites Vivas da Concellería de Xuventude, é o baile nas súas distintas facetas, e nesta fin de semana pódese disfrutar en dúas das sedes: en Abertal se desenvolverá un obradoiro de Break Dance e no Pavillón do Berbés haberá baile moderno, ámbolos dous o venres. No primeiro sitio complétase a oferta coas salas dispoñibles para obradoiros, xogos e internet, e no segundo, deportes orixinais coma Musculación e Balón Xigante, aproveitando o pavillón.
A asociación Cancerbero organiza partidas de rol en vivo e xogos para interesados, teñan ou non experiencia e relación con esta actividade.
Ó día seguinte, sábado 13, haberá unha partida de Magic en Abertal, e para os máis activos pachanga deportiva. Dentro do ciclo de cine que veñen desenvolvendo nesta sede, tense prevista tamén a proxección dunha película.
Actividades de nadal coma arranxos florais e unha proposta de cócteles sen alcol son as que nos agardan ese sábado en Uruguai, sen esquecer o Selfservice, salas de xogos e internet.
E unha suxestión para ir poñéndonos a ton coas festas é asistir ó café concerto que a Asociación Xuvenil Xentenova ten organizado para este sábado ás 20:30 na rúa Filipinas nº 6.
Dentro de Noites Vivas está programada una visita con un guía didáctico á exposición "Olladas Oceánicas" una visión contemporánea sobre o mar, que forma parte do proxecto "A mares" do Museo do Mar. Dende Noites Vivas disporase para este venres día 12 dun autobús a disposición dos xoves interesados nesta actividade. O autobús sairá ás 22.00 horas dende o Colexio Hogar ata a rúa venezuela, onde fará unha parada fronte á Asociación Abertal ás 22.15 horas. De aí partirá á rúa García Barbón, onde fará unha parada no hotel NH, ás 22.30 horas. Ás 22.45 recollerá ós últimos xoves fronte ó Pavillón de O Berbés, para dirixirse ó Museo, a onde chegará aproximadamente ás once de la noite.
Aínda queda moito por facer nas Noites Vivas de Vigo antes de que cheguen as festas do Nadal, e as sedes permanecen abertas ó público de forma gratuíta para atender á patente demanda de ocio alternativo ata o 20 de decembro.
Descargar todas as imaxes