Escoitar

"ADOLESCENTES: cine e vídeo para/sobre mozas e mozos"

O Marco inicia o venres unha programación audiovisual sobre os adolescentes. Unha proposta de vídeo e cine sobre a adolescencia, con traballos que deconstruyen desde dentro os tópicos da cultura teen, que se atreven a dar voz ós protagonistas, e onde o tema se aborda desde o interior e sen xuízos de valor.

xoves, 11 dec 2003
1071150406ficha1adl.jpg
A destacar o protagonismo que ocupan as mulleres nestas produccións, incorporando posicionamentos feministas. Elas no son só as protagonistas de moitas das historias, senón que dos 13 directores, 8 son mulleres.O que se propón é unha viaxe por distintas creacións que ven a adolescencia, non como "lugar de paso", senón como "territorio de resistencia".

venres 12 e sábado 20 de decembro

20.00-Programa A (94’)
Sofía Coppola. Lick the star (1998); Mike Mills. Air "All I need" (1998), Architecture of Reassurance (1999), Paperboys (2000)

sábado 13 e domingo 21 de decembro

20.00-Programa B (82’)
Helen Stickler. Stoked, The Rise and Fall of Gator (2003)

domingo 14 e venres 26 de decembro

20.00-Programa C (89’)
Mc Fetridge. Plaid "Itsu" (2002); Teresa Hubbard y Alexander Birckler. Detached Building (2001); Cova Macías. Dulces Confidencias (2002); Sue de Beer. Hans und Grete (2002)

xoves 18 e sábado 27 de decembro

20.00-Programa D (82’)
Miranda July. Atlanta (1996), Nest of Tens (2000); Laura Parnes. Holywood Inferno, Episode One (2002)

venres 19 e domingo 28 de decembro

20.00-Programa E (80’)
Jessica Hausner. Lovely Rita (2001)

Sinopses das proxeccións

PROGRAMA A

Sofia Coppola
Lick The Star. EEUU, 1998, 35mm transf. a Betacam, b/n, 13’35"

Nesta curtametraxe, anterior a As virxes suicidas, Sofia Coppola volve a interesarse polo mundo interior das mozas. En Lick The Star retrata a vida de tres colexialas do norte de California, que non son precisamente almas cándidas. As súas intrigas e enredos levarán á morte á líder do grupo, como resultado da súa conspiración para envenenar ós mozos da escola.

Mike Mills
Air "All I need". EEUU, 1998, 35mm transferido a Betacam, cor, 4’36’’

A medio camiño entre o documental e o vídeo musical, neste orixinal traballo Mills explora a relación dunha parella de mozos que falan dos seus sentimentos, utilizando como banda de son o tema "All I Need" do grupo musical Air.

Mike Mills
Architecture of Reassurance. EEUU, 1999, 35mm transf. a Betacam, cor, 24’

Unha moza adolescente vai percorre-los arredores do seu barrio, buscando coñece-la felicidade que se asocia á vida desa zona. Pero na súa particular viaxe iniciática aprende que as cousas non son sempre o que parecen.

Mike Mills
Paperboys. EEUU, 2000, 35mm transferido a Betacam, cor, 42’

Neste documental, Mike Mills achégase á figura do repartidor de xornais en Estados Unidos, reflexionando sobre o papel que cumpre na cultura norteamericana.

PROGRAMA B

Helen Stickler
Stoked, The Rise and Fall of Gator. EEUU, 2003, Betacam, cor, 82’ (maiores de 16 anos)

Este coidado documental sobre Mark "Gator" Rogowski, un dos máis célebres skateboarders profesionais, hoxe na cadea cumprindo unha condena por asasinato, adéntrase no fenómeno do skateboarding, que tivo o seu apoxeo nas décadas dos 80 e os 90. A película analiza a construcción da lenda de Gator, o seu ascenso á fama e a súa posterior caída a finais dos 80. Ninguén soubo ata que punto esta estrela do monopatín estaba desequilibrado ata que na primavera de 1991, con 24 anos, impactou ó mundo confesando a violación e asasinato dunha moza. O filme documenta o "boom" do skating, pero tamén é unha ollada ós mecanismos da fama e as súas escuras consecuencias.

PROGRAMA C

MC Fetridge
Plaid "Itsu". EEUU, 2002, Betacam, cor, 3’30"

Este realizador e afamado deseñador gráfico realizou este videoclip para o tema "Itsu" do grupo musical Plaid. O fío argumental é a historia de dous adolescentes que constrúen unha pistola láser na casa.

Teresa Hubbard e Alexander Birchler
Detached Building. EEUU, 2001, vídeo transferido a DVD, cor, bucle, 5’38’’

Concebida como unha escultura, a textura e a cor son fundamentais nesta obra. Un grupo de rock aparece no interior dun cobertizo, no medio dun ensaio. Fóra, unha moza tira pedras a un edificio abandonado. A cámara, en continuo movemento, provoca saltos temporais entre a arquitectura que separa o interior do exterior; producíndose un desprendemento do espacio, da temporalidade e do xénero.

Cova Macías
Dulces confidencias. España, 2002, DVD, cor, 25’

Un grupo de adolescentes españois, de 14 a 20 anos, fálannos das súas preocupacións, desexos, ilusións e teimas. O vídeo, que ofrece á xente nova a posibilidade de falar libremente á cámara sobre os seus intereses, contrapón estas entrevistas con esceas dos protagonistas nos seus momentos de ocio: maquillándose, bailando, facendo deporte, saíndo pola noite ou tatuándose.

Sue de Beer
Hans Und Grete. EEUU, 2002, Betacam, cor, 60’ (maiores de 16 anos)

Cun estilo barroco e delirante, esta obra, concebida en dobre canle, propónnos o retrato psicolóxico duns estudiantes perturbados. De Beer relaciona calculados actos de violencia co xénero de terror e o pasa todo polo filtro da cultura "teen". As alusións a distintas subculturas, a películas de medo, ós videoxogos e ó rock psicodélico e gótico, conforman unha atmosfera pesada e atraente ó mesmo tempo.

PROGRAMA D

Miranda July
Atlanta. EEUU, 1996, Betacam, cor, 10’ (maiores de 16 anos)

A realizadora e artista de performance Miranda July amósanos nesta ocasión un dos seus traballos máis orixinais. Unha rapaza de 12 anos, nadadora profesional, e súa nai (ámbalas dúas interpretadas sorprendentemente por Miranda July) falan sobre os seus sentimentos e os seus retos deportivos.

Miranda July
Nest of Tens. EEUU, 2000, Betacam, cor, 27’ (maiores de 16 anos)

July configura un curioso escenario, no que distintos personaxes desenvolven as súas accións basculando entre a performance artística e a actuación, creando situacións ambiguas cotiás que tocan resortes psicolóxicos. A propia directora interpreta un dos papeis.

Laura Parnes
Hollywood Inferno (Episode One). EEUU, 2002, Betacam, cor, 45’ (maiores de 16 anos)

Nesta obra, realizada por Laura Parnes facendo uso de dúas canles simultáneas que van contrapoñendo escenas paralelas, a artista volve a ofrecernos outra das súas historias fragmentarias e postmodernas, con moitas chiscadelas á cultura adolescente. Na súa particular "Baixada ós Infernos", Dante é unha moza de 18 anos chamada Sandy, obsesionada polos zapatos, e Virgilio un guionista voyeur. Ámbolos dous viven nun moderno inferno desde o que explora-lo perverso pracer da beleza.

PROGRAMA E

Jessica Hausner
Lovely Rita. Austria, 2001, Betacam, cor, 80’ (maiores de 16 anos)

Rita é unha adolescente que ten problemas xeracionais con seus pais na súa vida cotiá.
Os pais repréndena constantemente e ela trata de fuxir desa atmosfera asfixiante facendo a súa vida, faltando a clase e namorándose dun conductor de autobús. Ata que un día se chega a unha situación extrema entre Rita e seus pais, desencadeándose unha traxedia.
Descargar todas as imaxes