Concerto do Quinteto Logos
O xoves ás 8,30 da noite, vai ter lugar o cuarto concerto do "XVII Ciclo de Intérpretes Internacionais" .Este concerto está patrocinado pola Concellería de Cultura e celebraráse no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo con entrada libre e gratuíta. Organizado por Xuventudes Musicais de Vigo actuará o Quinteto Logos que interpretará o seguinte programa: Quinteto con Piano, Op 44, de Robert Schumann e Quinteto con Piano, Op 57 de Dmitri Schostakovich.
O Quinteto Logos é unha das formacións do Ensemble Logos que naceu no seo do profesorado do Conservatorio Superior de Música de Vigo, co fin de interpretar Música de Cámara infrecuente, realizando un labor de difusión da música do século XX, maiormente.
Nesta ocasión o Quinteto Logos estará formado por Leonardo Blanco Nóvoa e Edita Shulman Kasparaitis ( violíns ), Serghei Maximov ( viola ), Mª Jesús Hervás Brull (violoncello) e Javier Ares Espiño ( piano).
LEONARDO BLANCO NÓVOA naceu en Ourense, no ano 1975, e estudiou nos Conservatorios de Ourense, Vigo e Oviedo, onde rematou os estudios superiores de violín e música de cámara, con Gaiané Pogossova e Tsiala Kvernadze. Dende o ano 1998 exerce o seu labor docente no Conservatorio Superior de Música de Vigo e arestora tamén no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Ademáis colabora con diferentes agrupacións instrumentais como a Orquestra Sinfonieta de Vigo ou o Ensemble Logos.
EDITA SHULMAN KASPARAITIS naceu en Riga (Letonia) e iniciou os estudios musicais á idade de seis anos, rematándoos no Conservatorio Superior de Letonia.Ten colaborado coa Orquestra RTV de Letonia e formou parte do Grupo de Cámara "Cantilena" co que realizou numerosas xiras, tanto pola antigua URSS como por varios paises de Europa e mailos EE UU de Norteamérica. Reside en Galicia dende 1990 e tamén aquí ten colaborado con diversas agrupacións, entre elas Milladoiro ou a Orquestra Xóve de Galicia. Foi profesora do Conservatorio Superior de Música de Vigo e arestora exerce o seu labor docente no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Ademáis ven colaborando con diferentes grupos instrumentais como a Orquestra Sinfonieta de Vigo ou o Ensemble Logos.
SERGHEI MAXIMOV naceu en Moscú, no ano 1962, e iniciou os estudios musicais a idade de seis anos, na Escola de violín e Colexio de Música de Krivoy Rog (Ucrania). Graduose no Conservatorio Superior de Música de Moldavia, estudiando con M. Muler e Y. Nasushkin. Ademáis estudiou dirección de orquestra co profesor Alexandru Samoile. Ten formado parte, como concertino-solista de Viola, da Orquestra Nacional de Cámarade Moldavia e da Orquestra Sinfónica Europea, coas que ten actuado en moitos paises de Europa, Israel e EE UU de Norteamérica. Na temporada 2001-2002 traballou na Orquestra Sinfónica de Galicia. Arestora é profesor de Violín, Viola, Música de cámara e Orquestra no Conservatorio de Música "Coppelia" de Vigo.
Mª JESÚS HERVÁS BRULL estudiou en varios Conservatorios da Comunidade Valenciana, rematando os estudios superiores no Conservatorio Superior de Música "Joaquín Rodrigo de Valencia.Tamén ten asistido a numerosos cursos de perfeccionamente cos mellores violoncellistas europeos. Así mesmo asistiu a cursos de perfeccionamento co "Cuarteto Silvestri" e na "Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia", en Santiago de Compostela.Ten colaborado con varias orquestras españolas, entre elas a Real Filharmonía de Galicia e arestora é profesora no Conservatorio Superior de Música de Vigo . colabora co Ensemble Logos.
JAVIER ARES ESPIÑO naceu en Ourense, no ano 1979 , e estudiou no Conservatorio de Betanzos. Rematou os estudios superiores no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, coa profesora Natalia Lamas. Ademais ten asistido a numerosos cursos de perfeccionamento con profesores tan afamados como Josep Colom , Guillermno González, Mariana Gurkova ou Doménico Codispoti, entre outros. Arestora é pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo e continúa coa súa formación, realizando o postgrao de piano con A. Kandelaky e N. Keresselidze.