Anuncio de Tráfico, Seguridade e Transportes
mércores, 10 dec 2003
Co gallo das festas do Nadal, a partir do día 11 de decembro ás 11:00 horas, reabrirase ó tráfico rodado no treito de Urzáiz entre Hernán Cortés e Gran Vía, así como no sentido ascendente de Gran Vía entre Urzáiz e María Berdiales.
mércores, 10 dec 2003
A Comisión de Goberno ven da aprobar o texto do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación de Comerciantes "Os Peiraos" para a difusión do Centro Comercial Aberto "Vigo Vello" mediante elementos de sinalización horizontal e vertical que sirvan como identificadores do mesmo, así como a colocación na fachada dos establecementos asociados dunha placa identificativa de aceiro inoxidable.
mércores, 10 dec 2003
O xoves ás 8,30 da noite, vai ter lugar o cuarto concerto do "XVII Ciclo de Intérpretes Internacionais" .Este concerto está patrocinado pola Concellería de Cultura e celebraráse no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo con entrada libre e gratuíta. Organizado por Xuventudes Musicais de Vigo actuará o Quinteto Logos que interpretará o seguinte programa: Quinteto con Piano, Op 44, de Robert Schumann e Quinteto con Piano, Op 57 de Dmitri Schostakovich.
mércores, 10 dec 2003
O Consello celebra sesión ordinaria o xoves, día 11 , ás 10 horas cunha orde do día formada por 7 asuntos entre os que destaca o modelo xeral de bases e estatutos da xunta de compensación e estatutos de entidade urbanística de conservación.