Escoitar

O alcalde de Vigo asina o manifesto divulgado polo Imán de loita contra a sida

O alcalde en funcións de Vigo, Ventura Pérez Mariño, sumou hoxe a súa sinatura ao manifesto impulsado pola Organización Mundial da Saúde e polo grupo Imán de Autoapoio VIH/Sida e adiccións, a través da súa páxina web. Pérez Mariño destacou a importancia da prevención e coincidiu á hora de valorar como moi preocupantes algúns dos aspectos que resalta o manifesto, como son o concepto da sexualidade moi vencellado a prácticas machistas que seguen a ter algúns homes.

martes, 9 dec 2003
1070978840sida.jpg
Durante o acto, o Alcalde destacou a importancia da labor que realizan grupos como Imán e advertiu de que hoxe os grupos de risco somos todos os cidadáns. Pérez Mariño, que estivo acompañado polo director de Cedro, Francisco Otero; polo terapeuta, Antón Bouzas e por un portavoz de Imán, fixo especial fincapé no traballo que se fai desde Imán, dividíndoo en tarefas de prevención e de amparo aos enfermos.

A Organización Mundial da Saúde, a través de Onusida [ href='http://www.imansida.org']www.imansida.org por terceiro ano consecutivo, invita a nivel internacional a reflexionar sobre o papel do varón da loita contra a Sida. Este documento invita aos homes a comprometerse máis na educación dos fillos, a "colaborar cos menores de 25 anos porque é quizais a maior esperanza que temos hoxe en día de ter a epidemia baixo control. En todo o mundo, os nenos e mozos seguen a ser os máis afectados e temos que preguntarnos por qué razón". O manifesto insta asómesmo a denunciar e retar fortemente a violencia, a pobreza e a discriminación, que crean enormes reservorios de risco" do VIH para a xente nova.
Descargar todas as imaxes