Escoitar

Castrelos celebra o "día do Marqués"

Quince centros de ensino da cidade participarán no programa de actividades de divulgación do museo de Castrelos que terá lugar entre os días 9 e 14 de decembro con nome "Día do Marqués". As actividades queren conmemorar que o 12 de decembro de 1924 o Marques de Alcedo asinaba en París a doazón do seu pazo de Castrelos á cidade de Vigo coa condición , entre outras, de que se adicara a museo.

venres, 5 dec 2003
668 alumnos participaran nas actividades que consisten en visitas organizadas á exposición permanente, obradoiros de expresión plástica e realizar un xogo de investigación co título "O caso 2003/12: unha obra desaparecida". O horario das actividades é de 9:30 horas ata ás 14.00horas.

As actividades están dirixidas aos cursos de 2º e 3º de primaria e participaran alumnos dos colexios Jesuitas, Martín Codax, Labor, Frián Teis, Carrasqueira, Mestres Goldar, Canicouva, Fleming, Ría de Vigo, Otero Pedrayo, Niño Jesús de Praga, Calasancias, Sello, Javier Sensat e Las Acacias.