O Alcalde descubre no Concello unha placa que conmemora a labor dos voluntarios do Prestige
O Alcalde de Vigo en funcións, Ventura Pérez Mariño, destacou hoxe a importancia do traballo que desenvolven os voluntarios e agradeceulles a entrega coa que se prestan a colaborar sen máis compensacións que o sentirse útiles. Pérez Mariño fixo estas declaracións minutos antes de descubrir unha placa situada na lonxa do Concello que conmemora a entrega coa que case 11.000 persoas traballaron desinteresadamente para paliar os efectos do "Prestige".

Acompañado polos concelleiros Miguel Barros, María Xosé Porteiro e Belén Sío e diante dun importante número de voluntarios, o Alcalde recordou que as sociedades son máis maduras en canto hai máis xente disposta a traballar polos demais sen ningún tipo de interese particular.
Descargar todas as imaxes