Pérez Mariño explica os valores da Constitución a alumnos de sexto de primaria
O Alcalde de Vigo en funcións, Ventura Pérez Mariño, compartiu unha sesión plenaria cos alumnos de sexto de primaria do colexio público Rosalía de Castro. Sentados nos lugares dos corporativos e da prensa, os rapaces escoitaron con atención as explicacións coas que Pérez Mariño defendeu a Constitución como máximo valor de concordia e tolerancia.

Ao longo da súa intervención, o Alcalde en funcións reiteroulle aos rapaces a importancia das normas que se recollen na Carta Magna porque son as que fan posible a vida en sociedade e o respeto mutuo. A continuación, e despois de respostar as preguntas dos alumnos, Pérez Mariño mostroulles aos rapaces as instalacións da Alcaldía e recordoulles que estaban na súa propia casa, porque o Concello é a casa de todos.
Descargar todas as imaxes