O Concello presenta a auditoría técnica de Balaídos
A Comisión de Goberno coñeceu hoxe o informe final sobre os resultados presentados pola empresa GOC sobra a auditoría técnica do Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos e acordou encargar aos servicios técnicos municipais un anteproxecto das obras urxentes para fixar o custo do investimento co fin de contratalas.
O estudio divide as actuacións en urxentes, preferentes e a medio prazo e non inclúe a instalación eléctrica por estar en fase de licitación.
As actuacións urxentes refírense á reparación en góngolas, bancadas e xuntas de dilatación en gradas; consolidación das fixacións de videomarcadores; substitución da pasarela de acceso á cuberta; cambio dos depósitos de auga quente sanitario e reparacións diversas; demolición do peto da grada xeral e execución dun novo; reparación das fixacións das varandas; fixación de lousas de pavimento; substitución de varandas da grada de Río; execución dun tabique no baños e limpeza de sedimentos e materia orgánica e góngolas e outros elementos. As actuacións urxentes supoñen un custo aproximado, segundo a auditoría de 1.424.587 euros.
As actuacións preferentes son a execución da pasarela; limpeza e protección dos tirantes metálicos da estructura; reparación da estructura de formigón; pavimentación dos corredores de acceso a gradas e impermeabilización de cubertas.Estas actuacións supoñen un custo aproximado de 698.943 euros.
As actuacións a medio prazo que contabiliza o informe son protección do conxunto xeral da estructura contra a carbonatación; instalación de fluxómetros e entubados; execución dun sistema de impermeabilización na cuberta e elementos en xeral; colocación de enreixados en muros transversais de góngolas e baixantes de pluviais; reparación de tramos do peto do corredor superior da grada de Río, incluíndo a revisión de ancoraxes e substitución de entubados de sumidoiro. Estes traballos importan 1.615.400 euros.
Descargar todas as imaxes