Escoitar

O tráfico en Urzáiz volve restrinxirse polas obras do aparcadoiro soterrado

A partir do mércores, 7 de xaneiro, ás 23.00 horas e por un periodo aproximado de 3 meses, pecharáse ó tráfico rodado o sentido de subida da rúa Urzáiz entre Hernán Cortés e Gran Vía, agás para o transporte público, e o sentido de baixada da rúa Cervantes entre Urzáiz e Rogelio Abalde para todo o tráfico.

venres, 9 xan 2004
1073035509sinaliza.jpg
Plano da nova situación
Para garantir a circulación no sentido de baixada da rúa Urzáiz, dado que Cervantes estará pechada, permitirase chegar ata República Arxentina en dobre sentido de circulación dos vehículos de transporte público e dos de gálibo superior a 2,5 metros que procedan tanto de Gran Vía como do tramo alto de Urzáiz.

Os vehículos que, ascendendo á rúa Urzáiz dende Colón, pretendan chegar á rúa Gran Vía, deberán desviarse polas rúas Hernán Cortés e Braille.

Por outra banda, os vehículos que, ascendendo á rúa Urzáiz dende Colón, pretendan continuar por Urzáiz en dirección ó Calvario, deberán desviarse polas rúas Hernán Cortés e Braille para chegar a Gran Vía, e logo poderán baixar por ésta para tomar Urzáiz ou ben continuar de fronte por Paraguai e, baixando logo por México, chegar de novo a Urzáiz.

Ademais, este novo deseño do tráfico obriga a suprimir o estacionamento en ámbalas dúas beiras da rúa Hernán Cortés no tramo de Urzáiz a Luis Braille e tamén na rúa Luis Braille, autorizando os labores de carga e descarga nelas dende as 23,00 ata as 08,30 horas da mañá.

O acceso á rúa Cervantes establécese dende a rúa República Arxentina por Rogelio Abalde ou ben dende a rúa Uruguai por Gravina e Churruca.

O Concello solicita a máxima colaboración cidadá para executar estos cambios de tráfico.




1073035509sinaliza.jpg
1073035525sinais.jpg
Descargar todas as imaxes