O Concello propón melloras para solucionar de xeito urxente e definitivo os problemas de cheiros na EDAR do Lagares<br />
O Goberno concluiu hoxe unha serie de actuacións urxentes que solucionarán de xeito definitivo os problemas de funcionamento que provocan cheiros na estación depuradora viguesa.
Así o comunicou hoxe o concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, ós integrantes da coordinadora de afectados, nun encontro que tivo lugar este serán en Coruxo.
O Concello, nunha reunión celebrada pola mañá e na que participou a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa e mailo director xeral da Administración Hidráulica de Galicia, Emilio García Gallego, propuso ós representantes da Administración Hidráulica de Galicia, en base ás auditorías realizadas sobre o funcionamento da EDAR do Lagares, impulsar de xeito urxente actuacións de mellora sobre a mesma que inclúen duplicar o depósito de fangos dixeridos, realizar o tratamento de cheiros no edificio de pretratamento e no edificio industrial, instalar un sistema de disipación de enerxía na arqueta de reparto ós reactores biolóxicos, así coma unha pantalla vexetal no entorno da depuradora e independizar os reactores biolóxicos. Ademais, acordouse a construcción dunha nave de transferencia de residuos, así coma duplicar o rototamiz de fango primario.
Tralo análise das propostas de actuacións urxentes, os integrantes da Comisión Técnica, os representantes da Administración Hidráulica de Galicia e mailos de Aqualia, a empresa concesionaria do servicio, acordaron que a Administración Hidráulica de Galicia redacte, no prazo dun mes, un proxecto constructivo que detalle e valore económicamente as propostas presentadas. O devandito proxecto constructivo será remitido ó Concello de Vigo para o seu análise e aprobación. Á vista deste proxecto, Concello e Xunta de Galicia acordarán as medidas oportunas para levar a cabo as actuacións que resulten.
Vigo, 7 de xaneiro de 2004