Escoitar

Seguridade pinta os bordillos dos pasos inferiores

A Área de Mobilidade e Seguridade procederá os próximas días a realizar tarefas de limpeza e pintado nos pasos inferiores da cidade.

mércores, 17 mar 2004
A noite do xoves ó venres , pintaranse os bordillos e o carril central dos tuneis de Gregorio Espino e Martínez Garrido. Os bordillos pintaranse alternativamente de vermello e branco, en ambos pasos inferiores así como as liñas lonxitudinais de sinalización de carrís de circulación, co obxectivo de mellorar a seguridade vial.

As noites dos días 21,22 e 23 pintaranse os pasos de peóns e se procederá a remarcar as liñas de división de carrís e frechas direccionais da rúa Beiramar, a rotonda da rúa Coruña e a rotonda de acceso ó Porto.

O departamento de Mobilidade tamén está a traballar na reforma da sinalización semafórica no cruce de Florida con Manuel de Castro para mellorar a seguridade vial dos peóns, engadindo un novo foco de ámbar intermitente que se activará no momento do cruce destes e situado na marxe da rúa máis visible para os conductores.

Outra actuación que se realizará é a instalación semafórica con paso de peóns na Avda. da Florida coa rúa Pinal ( altura número 129) como resposta a unha demanda cidadá e mellorando as condicións de seguridade vial e mobilidade da zona.

Por outra banda, o departamento de Mobilidade está realizando labores de sinalización horizontal en 22 rúas da cidade. As rúas son: Vázquez Varela, Puerto Rico, Praza de Santa Rita; Issac Peral, Areal, Inés Pérez de Zeta, Rosalía de Castro, Praza de Compostela, García Olloqui, Montero Ríos, Alfonso XII, Gregorio Espino, Estornino, Alvaro Cunqueiro, Avenida de Balaidos, Manuel de Castro, Martín Echegaray, Grove, Núñez de Balboa, Camiño Barciela, Carmen e Cesáreo González.