Escoitar

"A arte está nas túas mans", exposición de traballos de persoas con discapacidade

O concelleiro do Área de Asuntos Sociais, Ignacio López Chaves, presentou a exposición "A arte está nas túas mans" que se poderá visitar na Casa Galega da Cultura do 17 de marzo ó 25 de abril.

martes, 16 mar 2004
1079451538manos1.jpg
"A arte está nas túas mans" é un proxecto que nace no centro de educación especial e ocupacional Juan María coa finalidade de dar a coñecer a capacidade e sensibilidade artística dos discapacitados psíquicos.

Cada peza que integra a colección non é o producto dun traballo individual senón que é o producto dunha creación colectiva , onde participaron 26 persoas con discapacidade. O traballo estivo coordinado polo pintor vigués Rafael Calvo.

A exposición que se presenta mostra o traballo realizado polos alumnos dos centros Juan María no ano 2003 e o resultado é unha colección onde a interpretación da cor, a luminosidade, a independencia de liñas, a composición figurativa, a perspectiva e os volúmenes primitivos convértense nos protagonistas das obras orixinando novos espacios á sociedade.
Descargar todas as imaxes