II premio de investigación "Festa da Palabra" 2004
A concellería da Muller e a Asociación "Feministas Independentes Galegas" convocan o II premio de investigación "Festa da palabra" 2004 co que se pretende mostrar os avances das mulleres nos aspectos sociolóxicos, económicos e culturais, así como a súa contribución á sociedade galega do século XX. O prazo de presentación dos traballo comezou o pasado día 13 de marzo e rematará o 20 de setembro.
O tema será "As traballadoras de A Panificadora de Vigo", desde os seus comezos até o peche. No traballo deberá reflectirse: o marco histórico, os aspectos sociais, económicos, o factor numérico (cadro de persoal), o tipo de labor realizado polas mulleres, así como a rendibilidade económica para a empresa, e calquera tipo de aspecto vinculado á súa productividade dentro da factoría.
O xurado valorará o rigor científico, as fontes primarias de investigación, o material gráfico así como a documentación de apoio documental achegada. Poderán participar investigadoras e investigadores de todo o ámbito estatal.
Os traballos presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei s/nº 36201 Vigo). Deberán entregarse debidamente encadernados e baixo un lema nun sobre, neste indicaranse os seguintes datos: Concellería da Muller "PREMIO FESTA DA PALABRA INVESTIGACIÓN" . Dentro deste sobre terase que incluír outro debidamente pechado no que se indique no exterior o lema do traballo e dentro conterá os datos persoais: nome e apelidos, enderezo, teléfono, fotocopia do DNI e breve currículo.
O premio, único e indivisible, consistirá nunca dotación económica de 4.200 euros, ademais da súa publicación dentro do ano en curso. A persoa premiada, recibirá 15 exemplares desta.