luns, 15 marzo 2004

II premio de investigación "Festa da Palabra" 2004

A concellería da Muller e a Asociación "Feministas Independentes Galegas" convocan o II premio de investigación "Festa da palabra" 2004 co que se pretende mostrar os avances das mulleres nos aspectos sociolóxicos, económicos e culturais, así como a súa contribución á sociedade galega do século XX. O prazo de presentación dos traballo comezou o pasado día 13 de marzo e rematará o 20 de setembro.

Corte ó tráfico na rúa Perú

luns, 15 mar 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de telecomunicacións, estará pechada ó tráfico a rúa Perú, dende as 08.00 horas do,martes 16 de marzo, ata as 20.00 horas do sábado 20 de marzo de 2004, con acceso exclusivo para residentes.<br /> <br />