xoves, 18 marzo 2004

A Xunta de Goberno nomeará aos Vigueses Distinguidos de 2004

A Xunta de Goberno Local proporá ,na sesión do luns, ás persoas e entidades que serán nomeadas no 2004 co galardón de Vigueses Distinguidos: Instituto de Estudios Vigueses, Colexio San José de Cluny, María Eugenia Ayala González, Manuel Lago Martínez, Hortensia González Fernández,Juan González Pérez, Hipigal S.L. e Anxo González Ferreira.

"Cine e case cine" no MARCO

xoves, 18 mar 2004

O Marco continua esta fin de semana coas proxeccións do ciclo " Cine e Case Cine" no salón de actos do Museo. Os pases serán os días 19,20 e 21 de marzo a partir das 20 horas.

Inaugurada a VI edición da Feira da Construcción

xoves, 18 mar 2004

A alcaldesa, Corina Porro,inaugurou hoxe a a sexta edición da Feira da Construcción que se celebra no Instituto Feiral de Vigo ata o 21 de marzo. A alcaldesa lembraba ,no discurso de inauguración, que "o Plan Xeral é unha asignatura que temos que aprobar entre todos e que é demasiado grave que Vigo atópese encorsetado, sen capacidade para crecer ó ritmo que o fan a súas empresas e servicios".

Reunión da Xunta de Goberno Local

xoves, 18 mar 2004

A Xunta de Goberno reunese o luns, día 22, ás nove da mañá, en sesión ordinaria, e entre os asuntos que tratará ademais da proposta de Vigueses Distinguidos figura o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2004.

Imposto de vehículos de tracción mecánica

xoves, 18 mar 2004

Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995,resólvese sinalar o período de cobranza voluntaria para o padrón do Imposto de vehículos de tracción mecánica dende o 30 de marzo ao 31 de maio deste ano.