Escoitar

Reunión da Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno reunese o luns, día 22, ás nove da mañá, en sesión ordinaria, e entre os asuntos que tratará ademais da proposta de Vigueses Distinguidos figura o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2004.

xoves, 18 mar 2004
1.- Acta da sesión ordinaria do 8 de marzo de 2004.

ADMÓN. DE TRIBUTOS
2.- Padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2004. Expte. 18901/511.

ALCALDÍA
3.- Proposta para a concesión do galardón de "Vigueses distinguidos 2004". Expte. 909/103.

4.- Indemnizaicón substitutiva por importe de 6.583,71 € a favor de Anónimo Publicidad. Expte. 1114/101.

ASESORÍA XURÍDICA
5.- Sentencia do TSXG no rec. apelación nº 1/226/03 interposto polo CONCELLO DE VIGO contra sentencia do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 no r.c.a. nº 244/02 en relación co establecemento dos servicios mínimos do persoal durante a folga do 20.06.02. Desestimado.

6.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 311/2002 interposto por Dª MARINA ARAUJO COMESAÑA contra acordos da Xerencia de Urbanismo, en relación coas obras de construcción dun peche. Desestimado.

7.- Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 266/2002 interposto por D. FERNANDO VILABOA PÉREZ contra o Concello de Vigo sobre adecuación de denominación e retribucións de posto de traballo. Desestimento.

8.- Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 20/2004 interposto pola CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA en relación con recibos do IBI do ano 2002. Inadmisible o recurso.

9.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra no r.c.a. nº 53/99 interposto por Dª Mª CARMEN MARTÍNEZ BLANCO contra sanción tributaria sobre o Imposto de incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Inadmisible o recurso.

10.- Auto do TSXG no r.c.a. nº 02/4167/2003 interposto por MAPFRE MUTUALIDAD e D. ALBERTO MONEDERO LISANA contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Rematado o procedemento.

11.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4943/2000 interposto por D. SALVADOR COELLO MORENO contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Estimado.

12.- Sentencia do TSXG no r.c.a. nº 02/4377/2003 interposto por D. ENRIQUE JAVIER RODRÍGUEZ ALLERES contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimento da actora.

BENESTAR SOCIAL
13.- Revisión do IPC correspondente ó convenio de xestión do Servicio de Centro de día para persoas maiores asinado coa Cruz Roja Española. Expte. 10720/301.

14.- Revisión do IPC correspondente ó contrato do Programa de Familia adxudicado a Grupo 5 S.L. Expte. 10732/301.

15.- Revisión do IPC correspondente ó contrato do Servicio do Programa de Deporte para persoas maiores adxudicado a D. Pablo Casal Núñez. Expte. 10731/301.

16.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servicio de Benestar Social durante os meses de decembro de 2003, xaneiro e febreiro de 2004.

CULTURA
17.- Dar conta da relación de expedientes gasto menor tramitados polo Servicio de Cultura durante os meses de xaneiro e febreiro de 2004. Expte. 8208/331.

DEPORTES
18.- Solicitude do Club ciclista Ría de Vigo de autorización para a realización da carreira ciclista "Trofeo Deputación Provincial de Pontevedra". Expte. 4351/333.

EDUCACIÓN
19.- Revisión do IPC e prórroga do contrato para a xestión da Escola Municipal de Música. Expte.4177/332.

EMPREGO
20.- Dar conta da relación de expedientes gasto menor tramitados polo Servicio de Desenvolvemento Local e Emprego durante o mes de febreiro de 2004. Expte. 2219/077.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
21.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e as bandas populares de Música de Vigo para a organización do programa "Música en Movemento" durante o exercicio 2004. Expte. 871/335.

INTERVENCIÓN
22.- Xustificantes de libramentos.

23.- Proposta de anulación de saldos pendentes de cobro do Presuposto de Ingresos (exercicios pechados) correspondentes a subvencións e liquidacións. Expte.3/2004.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
24.- Adxudicación de vehículos do depósito da Avda. de Madrid para chatarra. Expte. 69446/210.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
25.- Adxudicación do concurso para o mantemento integral das instalacións electromecánicas dos tuneis propiedade do Concello de Vigo. Expte. 16628/240.

26- Reclamación de danos:
a) Dª. Isolina Cristos Bello. Estimada en parte. Expte. 14588/240.
b) Dª Evidelia Álvarez Umpiérrez. Desestimada. Expte. 13525/240.

27.- Devolución de fianzas:
a) D. Rafael G. Sánchez: instalación do Gran Circo Nacional de Francia en Samil. Doc. 30047646.
b) D. Luis Oliveira Mariani: instalación do Gran Circo de Portugal. Doc. 40009849.

28.- Expediente de contratación da elaboración e desenvolvemento da campaña de información da actividade municipal "O Concello informa". Expte. 1034/101/04.

29.- Expediente de contratación, por concurso, do contrato de atención á infancia e á familia no Concello de Vigo. Expte. 10666/301.

30.- Revisión do IPC e prórroga do contrato de limpeza de colexios públicos do Concello de Vigo adxudicado á empresa Limpiezas del Noroeste S.A. (LINORSA). Expte. 4378/332.

PERSOAL
31.- Gratificación por servicios especiais e extraordinarios do persoal municipal que traballou o 24 e o 31 de decembro de 2003. Expte. 14838/220.

32.- Bases e distribución do presuposto do Fondo Social para o ano 2004. Expte. 14814/220.

33.- Solicitude de D. Roberto Mariño Sanromán de permiso non retribuido de 12 meses. Expte. 14895/220.

34.- Proposta de concesión de axuda socio-sanitaria do Fondo Social, por reclamación, por importe de 395 €. Expte. 14810/220.

35.- Proposta de concesión de axudas de estudios ós empregados municipais con cargo ó Fondo Social (2003-segunda convocatoria). Expte. 14811/220.

36.- Proposta de concesión de axudas ás reclamacións de estudios 2003-2004 (1º prazo). Expte. 14812/220.

37.- Proposta de concesión de axudas especiais e axudas extraordinarias con cargo ó Fondo Social (convocatoria 2004). Expte. 14813/220.


RECURSOS E ASESORAMENTO
38.- Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 18/2004 inteposto pola XUNTA DE GALICIA en relación con liquidación do IBI 2002. Inadmisible o recurso.

39.- Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 19/2004 interposto pola XUNTA DE GALICIA en relación con liquidación do IBI 2002. Inadmisible o recurso.

40.- Auto do Tribunal Supremo no re. Casación nº 008/0001484/2003 interposto pola XUNTA DE GALICIA en relación coa aplicación e xustificación polos concellos beneficiarios do Fondo de cooperación local para o exercicio 2001. Auto de desestimento.


URBANISMO
41.- Solicitude de exención no cumprimento do retiro frontal en Ordenanza 1.3.D. Expte. 8776/411.

42.- Aprobación provisional do Plan especial para a apertura dun vial de conexión entre as rúas Mestre Soutullo e Benito Castro Nogueira. Expte. 8129/411.



VIAS E OBRAS
43.- Devolución de fianza a D. Joaquín R. Pérez Caamaño constituída pola retirada e posterior reubicación de bancos de pedra na rúa Méndez Núñez 11. Expte. 40417/250.

44.- Rogos e preguntas.