Imposto de vehículos de tracción mecánica
Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995,resólvese sinalar o período de cobranza voluntaria para o padrón do Imposto de vehículos de tracción mecánica dende o 30 de marzo ao 31 de maio deste ano.
Período voluntario de cobranza
Por resolución da Alcaldía de data 1 de marzo do 2004, sinálase o período voluntario de cobranza do tributo:
Imposto vehículos de tracción mecánica
Período de cobranza: Do 30 de marzo ó 31 de maio do 2004, ambos os dous incluídos .
Forma de pagamento:Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un xogo de impresos para tal fin, poderán efectuar o ingreso na oficina da entidade de depósito colaboradora na prestación do servicio de caixa sita na praza do Rei s/n de luns a venres e de 9 a 13.30 horas, ou nas entidades colaboradoras que de seguido se indican:
Caja Madrid, Caixanavo Caixa Galicia, La Caixa, Caja Duero, Caja Cataluña, Santander, Central-Hispano, Gallego, Popular, Caja España, Atlántico, Galicia, Bilbao-Vizcaya Argentaria, Pastor, Simeón, Sabadell, Citibank, Mapfre, Espírito Santo Zaragozano.
Aqueles que non reciban os impresos poderán facer o ingreso no mesmo prazo indicado nas entidades BBVA, LA CAIXA ou CAIXANOVA.
Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, os recibos que non fosen satisfeitos serán exaccionados pola vía de constrinximento, segundo o establecido no artigo 97 e seguintes do Regulamento xeral de recadación.
NOTA INFORMATIVA
Normas de procedemento para o ingreso de tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva neste presente exercicio:
1º.- O Concello remitirá a todos os domicilios fiscais un documento que consta de tres exemplares co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade bancaria, ou directamente na oficina da entidade de depósito colaboradora na prestación do servicio de caixa sita na praza do Rei, s/n.
2º.- As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo só recibirán unha nota informativa na que se lles recomenda a provisión de fondos en conta corrente para a data do vencemento, co fin de que a entidade domiciliaria poida cargar o seu importe. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello e seranlles noficadas aos titulares.
3º.- As/os contribuíntes que supostamente teñan os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque esa domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.
4º-. As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán efectualo directamente nas entidades BBVA, LA CAIXA ou CAIXANOVA onde lles estenderán un duplicado do recibo solicitado para tal efecto.