Vigo contará con dous centros de día de atención as persoas maiores
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, María José Cimadevila, asinaron hoxe un instrumento de colaboración para defini-las liñas de colaboración orientadas a mellora-las infraestructuras e programas de servicios sociais do municipio vigués, dirixidas especialmente ás persoas maiores.
Segundo se recolle no acordo, a Consellería comprométese a subvenciona-las obras de adaptación e equipamento do edificio municipal Atalaia, situado en Teis, para a creación dun dentro de día de atención as persoas maiores. Así mesmo, a consellería subvencionará a construcción e a creación doutro centro de día en Coia, en terreos de propiedade municipal na rúa O Grove.
Ademais das axudas económicas destinadas a novas infraestructuras, Asuntos Sociais reforzará o servicio de teleasistencia no municipio vigués, ampliará a cobertura de axuda no fogar e mellorará os programas de apoio social dirixidos a persoas ou colectivos en risco de exclusión social. Por outra banda, o departamento autonómico comprométese a organizar actuacións conxuntas orientadas a acadar unha asistencia social integrada. Ademais, a consellería prestará apoio ás actuacións de atención primaria levadas a cabo polo concello e ó acceso ás aplicacións informáticas da consellería nesta materia.
Pola súa banda, o concello encargarase de avalia-las necesidades sociais máis salientables da zona e colaborará no estudio e posta en marcha de iniciativas e actuacións comúns a ámbalas dúas administracións. Así mesmo, comprométese a difundi-los programas e actuacións desenvolvidas pola consellería no municipio.
Descargar todas as imaxes