xoves, 26 ago 2004
Ante a folga das empresas de grúas, o Concello facilitará o traslado dos vehículos accidentados ou avariados no termino municipal. Neste sentido o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, subliñou que as once grúas municipais farán o traslado para garantir a mobilidade e a seguridade nas vías urbanas.
venres, 20 ago 2004
Persoas que se identifican como bombeiros da cidade piden donativos de 40 euros para cidadáns de Latinoamérica víctimas de guerras ou catástrofes.
venres, 13 ago 2004
Tralo asfaltado de distintas rúas da cidade, o venres día 13 de agosto darán comezo os traballos de sinalización horizontal en seis rúas de Vigo. O pintado das marcas viais nestas rúas, que se levará a cabo polas noites, terá lugar ata o vindeiro luns, 16 de agosto, e estará condicionado pola climatoloxía.
martes, 3 ago 2004
En total serán renovados uns 400 báculos en 180 cruces e pasos de peóns da cidade co obxecto de mellorar a xestión da rede semafórica de Vigo.
xoves, 29 xul 2004
Por causa da celebración da tradicional procesión do Cristo da Victoria o vindeiro domingo 1 de agosto, o departamento municipal de tráfico cortará o tráfico nalgunhas rúas e prohibirá o estacionamento noutras. O dispositivo policial será atendido por un total de 100 axentes, 60 de mañá e 40 de tarde.
venres, 2 xul 2004
Na data 22 de xuño de 2004 tiveron entrada no Rexistro Xeral do Concello escritos de convocatoria de folga nos centros de traballo da empresa Viguesa de Transportes S.L,concesionaria do transporte urbano colectivo da cidade, suscritos pola Unión Xeral de Traballadores e a Confederación Intersindical Galega, para os días 5,8,12,15 de xullo e de forma indefinida a partir do 19 de xullo todos os luns, mércores e venres.
martes, 22 xuñ 2004
O Concello autorizou un total de 13 solicitudes para realizar as fogueiras de san Xoán en diferentes partes da cidade.
Anuncio <br />
venres, 11 xuñ 2004
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, estará pechada ao tráfico a rúa Manuel Núñez, con acceso exclusivo para residentes, entre Ecuador e María Berdiales, dende o luns 14 ás 08.00 horas até o sábado 26 de xuño de 2004 ás 20.00 horas<br />
Solicítase a máxima colaboración cidadá.